José Luis Paz Pena: coa súa xente ata o último momento

Demetrio Vázquez CORONAVIRUS

SOCIEDAD

José Luis Paz Pena, en su última manifestación el pasado día 11 de marzo en defensa de las electrointensivas
José Luis Paz Pena, en su última manifestación el pasado día 11 de marzo en defensa de las electrointensivas c

O líder sindicalista, que faleceu o pasado xoves a causa do coronavirus, deixa un fondo baleiro en Comisións Obreiras 

20 mar 2020 . Actualizado a las 21:36 h.

José Luis Paz Pena foi toda a vida un home serio, pero era desas persoas coas que rías a cachón, sempre ocurrente. O que ten pelexado este home pola súa xente! Na súa fábrica de toda a vida: Aluminios de Galicia/Inespal/Alcoa/Aluibérica… si, tamén Aluibérica, porque xubilado e todo, o pasado día 11 estivo diante dos xulgados defendendo a un compañeiro da fábrica, e un rato despois marchando con él e outros na batalla da enerxía. Sempre coas súas Comisións Obreiras, o sindicato que axudou a construir. Foi a última vez que estiven con él.

Somos amigos desde que eu tiña 15 anos. De acampadas, de marchas (agora chámanlle senderismo), de conversas, de buscas dun mundo mellor, de camiñar xuntos para acadalo. E avanzamos, vaia se avanzamos.

Nestes días difíciles onde o maldito virus fai estragos, tamén con José Luis, é onde se ven as conquistas das persoas que traballamos polo ben común fronte aos egoísmos e a insolidariedade e, como dí o noso himno: «Mais só os iñorantes, e féridos, e duros, imbéciles y escuros, non nos entenden, non».

Loitou pola liberdade, a igualdade e a fraternidade, e grazas a José Luis, e moitos e moitas coma él, somos máis libres, máis iguais e moito máis solidarios. Seguirás avanzando con nós por ise camiño, compañeiro.

Por causa da epidemia tiveches que morrer só. Sós quedamos nós, querido José Luis.