Hadrián Pernas: «A prórroga aos residentes é un insulto ao noso traballo»

Elisa Álvarez González
Elisa Álvarez SANTIAGO

SOCIEDAD

Sandra Alonso

Os médicos a piques de rematar o mir piden contratos como facultativos especialistas

20 mar 2020 . Actualizado a las 23:58 h.

O 20 de maio será médico especialista en medicina interna despois de rematar cinco anos de dura formación no CHUS. Pero se as medidas do estado de alarma se manteñen, pode que Hadrián Pernas siga sendo un residente, despois de que o Goberno anunciara a prórroga dos contratos mir do último ano. Unha medida que acumula críticas de todo o colectivo médico. Profesional de medicina interna, a Hadrián o coronavirus píllao de cheo, aínda que estaba en infecciosos atendendo a enfermos de VIH, «vou a cambiar porque tiveron que illar a moita xente nestes días porque xa hai positivos entre os sanitarios». Nunha carta aberta pide ao ministro Salvador Illa «non nos prorroguedes, contratádenos por favor».

-Prorrógase un contrato mir e non se fai un de especialista, ¿é para aforrar?

-Basicamente. Ademais é unha discriminación respecto a outras xeracións. Estes cinco anos estamos facendo rotacións para adquirir o título de especialista e agora non nos queren dar ese recoñecemento de especialista a pesar de facer todo correctamente. É como se fas un mestrado e che din, agora non che dou o título porque me apetece que fagas máis prácticas. Seremos como especialistas, porque practicamente xa acabamos a formación, pero pagándonos moito menos do que se lle paga a un. Prorrogan o mir e non nos contratan por aforrar.

-Hai moita diferenza a nivel económico?

-Moita, nós temos un salario base duns mil euros e un adxunto gaña en torno a 2.000. E o prezo das gardas tamén varía considerablemente.

-Nos últimos días o recoñecemento aos sanitarios é común, pero economicamente non hai ese recoñecemento.

-Claro, vémolo como unha ofensa. Mesmos os nosos adxuntos din que é un insulto a todo o traballo que levamos feito. Pensa ademais que as gardas están organizadas de xeito que da noite se encarga o residente co apoio do adxunto. Somos a primeira chamada, os que temos que ver ao doente e en caso de ter dúbidas buscamos ao adxunto. Agora eu acabo o meu período de formación e vou ter que seguir facendo esas gardas, que ademais son máis cas dos adxuntos, porque nós facemos entre 4 e 6 ao mes mentres que eles fan entre 2 e 3. Isto implica maior carga laboral e un estrés psicolóxico para nós despois de esforzarnos e agora que víamos xa a luz ao final do túnel. En lugar de contratarnos din que nos prorrogan. Por que? Porque ademais cando remate a prórroga bótante á rúa e punto.

-Formalmente hai algunha nova por parte da xerencia destas prórrogas?

-Non temos ningunha noticia desde as xerencias. Nestes momentos xa hai colectivos de residentes que din que mentres dure a crise sanitaria non van facer nada, pero que logo denunciarán ao Ministerio de Sanidade.

-Sería ilegal manter como residente a un médico que xa rematou a súa formación?

-Probablemente. A proposta do presidente Feijoo, e non son da súa liña política, pareceume unha proposta intelixente e que xa se fixo noutros momentos. El dixo, xa que quedan dous meses, démoslle o título e contratámolos a todos. Aproximadamente ata hai tres anos podíase contratar a residentes que estaban nos cinco últimos meses de formación xa como facultativos de área.

-Esa é a reivindicación do colectivo.

-Claro, pódese contratar, pero supoño que o que queren facer é primeiro aforrar cuartos, e despois que sexa máis doado botarte, porque se contratas a unha persoa despois custa máis. Eu entendo que é para aforrar, despois se se mantén tras o estado de alarma probabl