Unha lucense en Milán: «Aquí un dos primeiros focos de coronavirus foron os bares»

Félix Jorquera / María Guntín LUGO / LA VOZ

SOCIEDAD

cedida

Conchi García Núñez cre que en España deberían tomarse medidas máis fortes

13 mar 2020 . Actualizado a las 20:04 h.

Conchi García Núñez é de Baralla e denda hai dous anos vive en Milán e traballa para unha empresa de alquiler de vehículos. En canto á ameaza polo coronavirus, Conchi explica que «dende o 21 de febreiro que foi cando se detectou o primeiro caso, cambiou todo, suspendéronse as clases». Esta lucense traballa dende entón telemáticamente e ata esta semana, explica, podía acudir algún día á oficina. «Dende o luns está pechada esta rexión e todo o país. Todo é moi restrictivo. Para saír da casa necesitamos un certificado que diga que imos ao traballo, a un supermercado ou a unha farmacia, por se o pide a policía», conta García. 

«Se precisas asistencia médica, non é recomendable ir ao hospital, tes que chamar e eles deciden se van ao domicilio ou se podes ir a algún lado», explica esta lucense, que tamén conta que os bares en Milán xa non están abertos e que en Galicia, «as medidas deberían ser máis fortes porque aquí as cafeterías foron foco de coronavirus».

En canto á alarma social, Conchi narra que, cando comezou a ameaza, «a xente non entendía o que estaba acontecendo» e cre que esta é a situación que se vive agora en Lugo. «O problema é que a xente compre sen ter necesidade e que non entenda que o suministro está garantizado», explica a lucense.