Toda Ardora, pendente da desaparición de Rosalía Fortes en «A Estiba»

h. r. REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

TVG emite hoxe o capítulo final de temporada do «thriller» de Voz Audiovisual

26 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, a partir das 22.30 horas, Televisión de Galicia emite o último episodio da temporada do thriller portuario A Estiba, producido por Voz Audiovisual. Neste final de temporada, Manuela Fortes, despois de recuperar o seu antigo posto como comisaria, terá que enfrontarse á desaparición da súa irmá Rosalía.

Que Ardora non era unha cidade tranquila xa quedou claro desde o primeiro episodio da serie, que se estreou o pasado mes de setembro no horario de máxima audiencia dos domingos. A masacre do Delta, o barco que atracou no porto da cidade de Ardora con toda a súa tripulación asasinada, non presaxiaba nada bo para a comisaria Manuela Fortes, que naquel momento instalábase de novo nesta cidade para dirixir o traballo da Policía Nacional e substituír nese posto ao seu pai, que viña de xubilarse.

Conforme avanzaron os episodios e as tramas dos personaxes evolucionaron, tamén quedou claro que a familia Fortes ía sufrir máis da conta, aínda que o seu apelido daba idea da forza coa que as irmáns Manuela, Rosalía ou Cruz superarían cada un dos problemas aos que tiveron que facer fronte neste tempo. Pero ningunha das tres podería vaticinar o que acontecerá no episodio deste domingo, o último da temporada.

Despois de pechar o caso do asasinato do o estibador que apareceu pendurado dun guindastre do porto; e de que Sofía, a policía de asuntos internos, devolvese o posto de comisaria a Manuela, a falta de información sobre Rosalía fai saltar todas as alarmas sobre un posible secuestro.

O primeiro movemento de Manuela é falar con Lionel, o xefe de Rosalía. Pero a única información que consegue é que a súa irmá está facendo xestións administrativas. A localización do teléfono confirma o relato de Lionel, pero Manuela non cre a versión do construtor e sospeita que algo malo podería pasarlle a súa irmá.

As sospeitas converteranse en certezas cando César Longueira contacta con Manuela para confesarlle que teme pola vida de Rosalía e acordan sumar forzas e traballar xuntos para dar con ela o antes posible.

Ao mesmo tempo, Manuela pretende abrir outra liña de investigación: atopar probas das tácticas criminais de Lionel para poñelo a disposición xudicial. Con ese obxectivo encarga a Kubala e Estela investigar a relación que mantiña o perigoso construtor con Estevo, o traballador do concello de Ardora, e que non tardará en dar resultados para sorpresa de todos os efectivos da comisaría.

O único que realmente sabe o que está pasando é Marcos, o alcalde de Ardora, ao que Lionel chantaxea esixíndolle os cartos do proxecto do porto se quere recuperar a Rosalía sa e salva.

Os movementos estraños de Marcos porán en alerta a Cruz, que sospeita de que o alcalde ten noticias sobre o paradoiro da súa irmá e, despois de obter a aprobación de Manuela, porá en marcha unha operación de seguimento. Pero Marcos non permitirá que ninguén poña en risco a delicada situación de Rosalía.

«El mundo portuario es muy desconocido»

H. R.

Diogo Castro, director general de Yilport Ferrol, valora positivamente la experiencia de acoger la grabación de A Estiba en parte de sus instalaciones de la rada exterior de Caneliñas

-¿El trabajo de estibador es tan duro como refleja la serie?

-Realmente es muy duro, porque es un trabajo en el que dependes del momento en el que llega el barco y eso significa trabajar de noche, con sol, con lluvia...

-¿Qué supone para Yilport Ferrol participar en una ficción como «A Estiba»?

-La intención es que sirva para mostrar cómo funciona el mundo portuario, porque, a pesar de que los puertos están en el corazón de las ciudades, su labor y funcionamiento es muy desconocido.

-¿Cuál es el proyecto de Yilport para la terminal de Ferrol?

-La terminal ofrece una posibilidad más para que las empresas amplíen su negocio. En este momento estamos dando un servicio de proximidad al cargador, pero en el futuro la terminal podrá dar un servicio de transbordo con el que tendremos conexiones directas con otros puertos y ese será el valor añadido de esta terminal: reducir los tiempos de tránsito.