Asuntos internos pon en perigo a Manuela en «A Estiba»

H. R. REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Seguen os problemas para a comisaria Fortes

29 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, a partir das 22:30h, Televisión de Galicia emite un novo episodio do thriller A Estiba no que a investigación do atentado contra o alcalde marcará a actividade da comisaría de Ardora. Co caso de Xabier en punto morto, os efectivos da comisaría de policía céntranse na investigación do coche bomba contra o alcalde, no que non houbo que lamentar vítimas mortais. As pescudas de Cruz non tardan en sinalar a unha sospeitosa: Caniche. Pero as probas son moi confusas e Cruz sospeita que se trata dunha montaxe. Pero a investigación do atentado non é o único problema para a comisaria Manuela Fortes. Sofía, a inspectora de asuntos internos que está investigado os negocios ilícitos de Emilio Fortes e a posible implicación da súa familia. Entre a documentación atopou indicios de que Manuela ocultou probas que podían demostrar a relación de Mercedes coas corruptelas do comisario Fortes. Pero os indicios non son suficientes para acusar a Manuela, polo que necesita unha testemuña. Sofía aproveita a desconfianza que existe entre Kubala e a comisaria. A presión pode con Kubala que debaterase entre o deber que representa o uniforme ou o que lle di o seu corazón, polo que non dubidará en presentar unha petición de traslado.

Mentres tanto, Lionel está facendo o imposible por conseguir o visto bo de Marcos ao seu proxecto para o porto de Ardora, polo que non se toma nada ben a negativa do alcalde. Co fin de axudar ao seu xefe, Rosalía ofrécese para aproveitar as diferenzas entre os bandos de César e Castor para negociar cos estibadores a fin da folga, o que motivaría un cambio de posicionamento do alcalde. Ao mesmo tempo, César sospeita dos verdadeiros intereses de Lionel e aproveita a presenza de Amalia, a xornalista que chegou a Ardora, para que investigue o pasado do construtor máis influínte da vila.

Pero as preocupacións de César cambian totalmente cando se decata de que Antón, o seu irmán pequeno, leva un tempo traballando para Covas, o traficante máis perigoso de Ardora e inimigo declarado de César Longueira.