Iria Veiga, psiquiatra: «O afecto é o maior chute de dopamina para o noso cerebro»

La médica y divulgadora que ofrece una charla este jueves en la Domus, dice que el humor cambia la percepción de la realidad


redacción / la voz

Todo depende da cor do cristal con que se mira: o humor e a nosa percepción da realidade». Este é o título da charla que Iria Veiga (Ferrol, 1981), psiquiatra no hospital de Barbanza e divulgadora científica, ofrecerá hoxe na Domus de A Coruña, as 19.30 horas. A conferencia forma parte da iniciativa Corbi Citizen Science promovida pola Fundación CorBI en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses e o Muncyt.

—¿O humor cambia a nosa percepción da realidade?

—O estado de ánimo cambia non so cómo percibimos a realidade, senón tamén, moitas veces, a maneira na que tomamos as decisións.

—As decisións importantes, entón, mellor non tomalas cando estamos deprimidos.

—Se estás deprimido, no sentido de que tes unha depresión clínica, mellor non tomar decisións, porque as túas capacidades cognitivas tamén se van a ver alteradas. Pero un estado de ánimo normal, ben sexa alegre ou triste, tamén modifica a nosa percepción da realidade e modifica as decisións que tomamos, pero non ten que ser bo ou malo. Cando estamos alegres pode ser que tomemos decisións máis arriscadas ou que valoremos peor os aspectos negativos, e que cando estamos tristes tomemos decisións máis conservadoras, pero tamén máis analíticas. E isto non quere dicir que decidamos mellor ou peor si estamos tristes ou contentos, aínda que sempre que falemos dun estado de ánimo normal.

—¿Qué factores neurobiolóxicos inflúen no noso estado de ánimo?

—Os dous neurotransmisores responsables do noso estado de ánimo son a serotonina e a dopamina. Pero nunha persoa sá o estado de ánimo vai vir acorde cas circunstancias externas. Van ser factores externos os que fagan que estes neurotransmisores aumenten o diminúan a súa concentración.

—O afecto, as relacións interpersoais, ¿actuarían como unha dopamina natural?

—O afecto entendido como o amor que sentimos cara outras persoas afecta ao noso estado de ánimo, claro. É como unha especie de chute de dopamina que o que nos fai é vincularnos afectivamente a outros individuos. E vinculámonos porque sentimos cousas positivas asociadas a outra persoa.

—¿Somos animais sociais?

—As persoas somos animais sociais. Todo o noso cerebro evoluciona para construír relacións sociais, polo que, de algunha maneira, o chute de dopamina máis poderoso que pode recibir o noso cerebro de forma natural, sen recorrer a drogas, son as relaciones interpersoais.

—Os país de ahora, ¿sobreprotexen demasiado aos seus fillos?

—Eu son psiquiatra de adultos, polo que miña opinión sobre o tema é so persoal, pero creo que esta é a primeira xeración que é consciente da crianza. É dicir, que non se fai como algo automático, como algo que sempre se fixo así, senón que a xente está preocupada agora por facer unha crianza a máis responsable e o mellor posible. E creo que isto é un fenómeno novo. A xente antes facíao o mellor que sabía, pero dun xeito bastante intuitivo, porque non había a preocupación sobre o que era ser bo pai ou non. Isto ten unha parte positiva e outra negativa. É dicir, por un lado somos unha xeración moi formada e moi preocupada pola crianza e, por outra banda, tamén pode ser que sexamos a primeira xeración en que neste intento de facelo o mellor posible pois probablemente cometamos erros por sobreprotección.

—Pero parece que, en calquer caso, vostede ten unha opinión positiva.

—Son optimista porque tamén somos a primeira xeración en que o maltrato físico non cabe nos nosos conceptos dunha crianza adecuada, e isto é a primeira vez que pasa na historia. Que podemos cometer erros e pasarnos de freada, pois posiblemente si, pero en xeral é evidente que hai un cambio positivo na crianza dos nosos nenos. E creo que o maior cambio que estamos vivindo é implicación máis igualitaria, aínda que diste moito de selo, dos homes na crianza dos fillos. Isto é algo que hai 30 ou 40 anos era impensable.

—¿O clima máis gris de Galicia inflúe nas depresións?

—Sempre se fala de variantes climáticas relacionadas co estado de ánimo, pero o único que ten evidencia científica detrás é o tema das horas de luz. Parece ser que nos lugares con menos horas de luz hai máis trastornos do estado de ánimo, como nos países nórdicos. E en Galicia, aínda que menos, si pode haber unha certa incidencia entre menos horas de luz, días máis nubrados e encapotados, con respecto ao estado do ánimo.

—E o vento, ¿non favorece as depresións, como se di?

—Da relación co vento a verdade é que se fala moito, pero non nai ningunha evidencia científica o respecto. E co efecto da lúa tampouco hai ningunha evidencia científica.

Cómo cuidar tu cerebro para prevenir futuras enfermedades neurológicas

UXÍA RODRÍGUEZ

«Podemos ejercitar y fortalecer nuestro cerebro cada día con actividades sencillas y ciertos hábitos», explican los neurólogos

Unos 7 millones de personas en España padecen algún tipo de enfermedad cerebral. Hasta un 16 % de la población sufre o sufrirá un trastorno neurológico. Hablamos de migrañas, ictus, enfermedades neurodegenerativas (como la enfermedad de Alzheimer o la enfermedad de Parkinson) y epilepsia.

«Hay que preocuparse por el cerebro, pero existe un desconocimiento total. La enfermedad neurológica se puede prevenir e, incluso, evitar, pero para eso necesitamos mantener nuestro cerebro sano», asegura el doctor Juan Carlos Portilla, vocal de la Sociedad Española de Neurología .

Hay que llevar una vida sana física e intelectualmente. «Los factores de riesgo que, clásicamente, son definidos como cardiovasculares, nosotros los definimos también como cerebrovasculares. El tabaco, la hipertensión, la diabetes, la obesidad, algunos tipos de dieta, situaciones de estrés... están asociadas a algunas patologías neurológicas. Sabemos que el control estricto de estos factores de riesgo con hábitos saludables disminuye la aparición de ese tipo de enfermedades. Además de esto, nuestro cerebro también necesita alimento. Un alimento que nosotros definimos como la reserva cognitiva y que no es otra cosa que la capacidad que tenemos para almacenar conocimiento, almacenar memoria...», explica el neurólogo.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Comentarios

Iria Veiga, psiquiatra: «O afecto é o maior chute de dopamina para o noso cerebro»