Ikea estrea catálogo en galego

La Voz

SOCIEDAD

Na web da compañía sueca pódense atopar as versións en castelán, inglés, catalán, euskera e galego

09 sep 2019 . Actualizado a las 16:25 h.

Ikea, a famosa empresa sueca de mobiliario, xa conta cun catálogo en lingua galega. A proposta, lanzada este luns, completa a oferta destes libretos, que até agora, en España, estaban dispoñibles en castelán, euskera, catalán e inglés na súa web

«Xa tes aquí, antes ca ninguén, o novo Catálogo 2020 de Ikea en galego. Convértete nun spoileador e goza en primicia da nosa publicación na túa lingua. E para que a experiencia ser completa, mandámosche tamén café e unhas gorentosas galletas. Somérxete xa entre as súas páxinas e, sobre todo... SPOILEÁAS!», pódese ler na edición máis exclusiva deste lanzamento. 

No interior das páxinas o contido é exactamente o mesmo que no resto de idiomas, pero íntegramente en galego. Algo que se viña pedindo dende o pasado mes de abril, cando unha usuaria que estaba a navegar pola web detectou que o catálogo estaba dispoñible en tódalas linguas oficiais de España, agás en galego. Como resposta a protesta, a compañía retirou da web as versións en catalán e euskera e dixo que incorporaría próximamente a galega, como ben fixo este mesmo luns.