Amador Castro: «A obra parte dunha noticia que lin hai anos na Voz»

O gañador do premio Xerais, Amador Castro Moure, asegura que non é unha historia autobiográfica


VIGO/LA VOZ

O gañador do Xerais, Amador Castro Moure (Nandulfe-Chantada, 1962), vive dende neno en Barcelona. É licenciado en Socioloxía e traballa como programador informático. Ten publicados dous libros: Memorias de antes do encoro (2013) e Pillabán, pillabán (2018).

-¿É a primeira vez que se presenta?

-Sí. Coa última pensaba facelo pero non me deu tempo e a presentei aos Torrente Ballester e foi finalista. Este ano dixen que tiña que ser e mira, non pensaba nin de lonxe acadar o premio.

-¿Cal é a historia que conta en «Shangai a Barcelona»?

-É unha novela de ida e volta. Ten moito de mín, aínda que non é autobiográfica. A protagonista emigra cos pais a Barcelona e, nun momento dado, pensa que deixou o paraíso en Galicia e volve. Pero o que atopa é unha Galicia rural que non coñece, unha aldea semiabandonada e xente pelexada entre si. Sen facer spoiler é o que podo adiantar. Inspiroume unha noticia que saíra na Voz de Galicia e gardei anos, un home que morrera queimado na casa e era o último da súa aldea.

-¿Pódese inscribir nalgún xénero?

-Non. Aínda que hai un crime, non é novela negra.

-Como autor ten un recorrido corto. ¿Ten algo que ver esta novela coas anteriores?

-Non. Unha delas é semipolicíaca, a segunda é histórica e esta non cadra en clasificacións.

-¿Como lle cae este premio?

-O recibo cunha enorme sorpresa e alegría, porque tardei moito en empezar con isto. Teño xa unha idade e a única maneira de publicar, que é complicado, é gañar un concurso. E se o primeiro é o Xerais, ¡imaxina!

-¿Cal é a súa relación con Galicia?

-Vivo en Cataluña dende os 16 meses. Son practicamente catalán, pero na casa e no entorno de amigos sempre se falou galego como castelán e catalán. Estiven na asociación de gaitas de Barcelona Toxos e Xestas e sempre mantiven contacto cos galegos na diáspora. A Galicia vou cada verán coa familia. En Chantada están todos os meus e teño tamén familia en Vilagarcía, e vémonos.

-¿Qué papel ten a literatura na súa vida?

-Algo do que disfruto no tempo libre. De adolescente quería ser escritor pero deixeino. Había que comer. Pero o verme seguía aí e había que alimentalo.

O chantadino Amador Castro gaña o Xerais de Novela cunha obra sobre a emigración a Barcelona

Begoña R. Sotelino
Membros do xurado do premio Xerais
Membros do xurado do premio Xerais

Emma Pedreira faise co Jules Verne de Literatura Xuvenil e Rosa Aneiros co Merlín

Amador Castro é o gañador do Xerais de Novela 2019. O xurado da XXXVI edición do certame dotado con 10.000 euros e ao que concorreron 44 obras, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: «Tras de min a terra queimada», «peixe globo» e «Karolina». Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Tras de min a terra queimada», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Amador Castro e corresponde ao título Shanghai a Barcelona

O xurado estima que Shanghai a Barcelona presenta un orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; destacamos a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus. Valoramos especialmente o contraste de espazos urbanos -nomeadamente a cidade de Barcelona- e outros situados no rural galego, sen esquecer o retrato singular da migración galega a Barcelona. É unha novela situada nun non-lugar literario, de difícil clasificación e, polo mesmo, de elevada orixinalidade», sinalaron os membros do tribunal formado por Ana Belén Moreda (profesora), Carlos Feijoo (avogado), Helena Torres (xestora cultural), Nuria Vil (poeta), Ana Abelenda (xornalista) e o profesor, crítico e escritor Ramón Nicolás que actuou como secretario.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Amador Castro: «A obra parte dunha noticia que lin hai anos na Voz»