Edu Lavandeira: «Galicia pode presumir do patrimonio subacuático da súa costa»

A produción de Voz Audiovisual para TVG gañou o premio Mestre Mateo ao mellor programa de televisión


Redacción / la voz

Buscadores de naufraxios, produción de Voz Audiovisual para Televisión de Galicia, recolleu o pasado sábado o premio Mestre Mateo ao mellor programa de televisión polo seu labor de exploración dos fondos da costa galega en busca dalgunha das 3.000 embarcacións que están afundidas nas súas augas. O seu director, Edu Lavandeira, quere dedicarlle o galardón «á xente do mar» e agradece á canle o feito de ter confiado «nun programa arriscado e tan diferente».

-Sorprendido polo premio a un programa que mestura aventura e historia?

-O feito de que gañara o Mestre Mateo un programa tan diferente e que, en gran parte, trata sobre a historia de Galicia é sorprendente e reivindica a televisión como medio divulgativo. O programa non ten presentador; os verdadeiros protagonistas son os mergulladores que descobren os restos dos barcos e a xente que pode falar deles con coñecemento de causa.

-Algúns barcos galegos levan décadas, incluso séculos, baixo a auga. Como naceu a idea de sacalos á luz na televisión?

-O programa nace asociado á serie de Voz Audiovisual Viradeira, que trata dun barco afundido cun tesouro dentro. A partir de aí démonos conta de que en Galicia hai contabilizados 3.000 naufraxios ao longo da historia e que nunca se fixera un programa sobre este asunto. A idea inicial era distinta, porque buscabamos unha especie de Jesús Calleja que guiase todos os programas e que fose el quen baixase a todos os naufraxios. Pero facendo traballo de campo polos centros de mergullo de Galicia decatámonos de que había xente que se dedicaba a buscar naufraxios. Aí démonos conta de que non necesitabamos un Jesús Calleja, senón que os nosos heroes son os propios mergulladores galegos. Por iso o titulamos Buscadores de naufraxios, porque cada capítulo está protagonizado por un deles e asóciase a un naufraxio da súa zona.

-Os fondos mariños galegos son un museo por descubrir.

-Nós mesmos non coñeciamos todo o que hai aí abaixo. Galicia pode presumir do patrimonio subacuático que ten, porque a nivel mundial é un dos máis importantes, non só pola cantidade de barcos que existen, senón pola súa tipoloxía. Hai desde galeóns ata mercantes, pasando por transatlánticos daquelas épocas, e algúns albergan aínda pezas valiosísimas. No programa amosamos moitos deles e aínda quedan máis por mostrar.

-Cales foron as dificultades desta produción subacuática?

-A primeira dificultade foi a propia costa galega, que todo o que ten de fermosa e exuberante teno de perigosa e difícil á hora de mergullarse. O primeiro que tivemos que facer foi contar coa climatoloxía. Empezamos a gravar en novembro, que era a mellor época a nivel estético e visual, porque os fondos mariños están moi limpos. Non hai algas, porque o fondo do mar, coma os bosques, florece na primavera, e as naves naufragadas vense moi ben. Pero, por outro lado, hai unha climatoloxía adversa, con ondas, ventos e unha temperatura da auga terrible. Ese foi o primeiro dos condicionantes. Outro foi o de mergullarse ata naves a moita profundidade, só accesibles para mergulladores moi expertos, e non hai moitos que poidan facelo. Estamos falando de profundidades de 70 metros no caso dalgúns barcos míticos, como os acoirazados Cardenal Cisneros ou Blas de Lezo, na costa de Fisterra. Para facer iso en condicións de seguridade necesitabamos mergulladores expertos e unhas condicións meteorolóxicas case perfectas. Contabamos con dous cámaras subacuáticos, un para baixar ata 40 metros de profundidade; de aí para abaixo ían os mergulladores técnicos. Coñecemos a moitos que levan anos baixando ata 40 metros e eles mesmos nos dicían que a partir desa profundidade non se lles perdía nada. Hai que ser moi atrevido e ter moita formación para chegar ata alí.

-Cales foron os grandes descubrimentos do programa?

-O que máis me sorprendeu foi descubrir que aí abaixo hai barcos como o Cardenal Cisneros, un buque acoirazado de 1905 que ten o canón de proa intacto. Fixemos unha comparativa de como era e como está agora e foi impresionante. Cando soben as imaxes gravadas desde o fondo e podemos velas é un momento impresionante. Outro exemplo impactante foi o caso da fragata Magdalena, que se afundiu hai douscentos anos e levaba cofres que, cando se atoparon, aínda cheiraban a madeira. Hai moita vida aí abaixo e a historia humana pálpase.

«Buscadores de naufraxios» participa en dos festivales internacionales

La Voz

El espacio se proyecta hoy en la sección oficial del Thunder Bay Festival de Michigan

Buscadores de naufraxios, el programa de TVG producido por Voz Audiovisual y dirigido por Edu Lavandeira, acaba de ser seleccionado para dos nuevos festivales internacionales de cine submarino. Hoy sábado se proyecta dentro de la sección oficial del Thunder Bay International Film Fest de Michigan. Se trata del festival de cine submarino que se celebra en la ciudad de Alpena (Michigan), situada junto a los míticos Grandes Lagos del norte de EE.UU. Es uno de los festivales de cine submarino más importantes del mundo y reúne las mejores producciones audiovisuales submarinas del año.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
9 votos
Comentarios

Edu Lavandeira: «Galicia pode presumir do patrimonio subacuático da súa costa»