Vinte lectores de La Voz visitan Ourense para coñecer as pontes, as termas e a zona vella

La Voz OURENSE / LA VOZ

SOCIEDAD

Vinte lectores de La Voz gozaron este sábado de As Burgas
Vinte lectores de La Voz gozaron este sábado de As Burgas Santi M. Amil

Achegáronse dende distintos puntos de Galicia no ano do centenario da Ponte Nova

25 nov 2018 . Actualizado a las 22:41 h.

Vinte lectores de La Voz de Galicia visitaron este sábado Ourense grazas a unha iniciativa do xornal en colaboración coa Concellería de Turismo da capital ourensá. Desprazáronse desde distintos puntos de Galicia para coñecer a cidade das pontes, nun ano no que a Ponte Nova estaba de centenario. Ese foi o motivo polo que La Voz lanzou, neste 2018, unha colección de imáns coas pontes máis representativas da cidade e organizou unha mesa redonda sobre as aportacións destas infraestruturas á personalidade da capital. Finalmente, invitou a lectores do resto de Galicia a gozar dos atractivos turísticos de Ourense: as propias pontes pero tamén as termas ou o casco histórico.