O galego dos mozos, cosmopolita, urbano e presente nas redes sociais

A Xunta aprobará este ano o primeiro plan para dinamizar a lingua entre a mocidade e acadar neofalantes

Así é o galego dos mozos Cosmopolita, urbano e presente nas redes sociais. A Xunta aprobará este ano o primeiro plan para dinamizar a lingua entre a mocidade e acadar neofalantes

Santiago / la voz

A poboación galega ten o maior coñecemento tanto a nivel oral como escrito da súa lingua en relación a outras autonomías con idiomas propios, pero a xuventude non a usa acotío. Este é un dos principais problemas do galego, tendo en conta que o futuro das linguas está nas novas xeracións. E esta é a tendencia que quere mudar a Xunta co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2018-2022, que aprobará este ano logo de recoller todas as achegas dos sectores implicados, e logo de ser analizado no Consello da Cultura, a Real Academia Galega e o Parlamento. Esta semana presentouse o documento marco sobre o que se traballará e que recolle nove áreas de actuacións: asociacións; deporte; lecer; industrias culturais; familia; formación continua; ensino; comunicación dixital e redes sociais; e finalmente emprego e emprendemento.

Potenciar as redes sociais como canle de divulgación das campañas para a mocidade, ter unha oferta ampla de produtos de cultura e lecer, fomentar a creatividade e a innovación de base galega e ampliar a imaxe do galego para vinculala a unha sociedade urbana e cosmopolita son algúns dos obxectivos do plan.

Será o segundo programa parcial derivado do Plan xeral de normalización

Este documento dirixido á mocidade será o segundo proxecto parcial derivado do Plan xeral de normalización da lingua galega, despois do que se fixo para o tecido económico, que se aplica desde o 2016. Promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación, trátase dunha iniciativa na que se prevé a participación de todas as consellerías e realizarase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude. No proceso tomarán parte entidades que teñen representación no ámbito lingüístico e nas políticas da mocidade. Dirixido aos mozos de entre 14 e 30 anos, e aínda que o seu alcance temporal é ata o 2022, co plan preténdese crear unha dinámica participativa que se manteña no tempo.

As propostas diríxense a aquelas áreas onde están os mozos, como os produtos audiovisuais, centros comerciais, pubs... co obxectivo de que os máis novos se sintan a gusto falando o galego.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O galego dos mozos, cosmopolita, urbano e presente nas redes sociais