Nin a queimada é tan antiga nin o apalpador era coma agora

Rodri GArcia A CORUÑA / LA VOZREDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Carlos Sardiña

Os autores do ensaio «Galicia inmaterial, Galicia Máxica» desmontan algunhas crenzas

06 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«O que presentamos é unha parte de antropoloxía filosófica, onde está a alma de Galicia». Isto dicía Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules de Ediciones, que publica o libro Galicia inmaterial, Galicia máxica, do que son autores José Luis Casteleiro Santos (Ferrol, 1980) e Miguel García Seoane (Ferrol, 1985). «Con esta obra preténdese realizar un estudo, destinado ao público en xeral, do folclore galego na súa vertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e un compendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros», apuntan os autores dun volume ilustrado por Carlos Sardiña (Fene, 1971), e no que rachan algunhas ideas preconcibidas.

Ilustracións

Imaxes crúas.

«Son dibujos realistas, un poco bestias, huyendo de dibujos infantiles. Son imágenes a veces demasiado crudas, que quizá no son para todo el mundo». Así resumía Sardiña o seu traballo como ilustrador desta obra.

Carlos Sardiña

Obxectos

Exvotos e cornos de carneiro. A orixe dos amuletos ou cornos de carneiro é un dos apartados do libro. «O dos cornos tiña que ver co diaño porque se pensaba que con eles o combatías: cornos contra cornos; e ata as ferraduras, se lles dás a volta, teñen semellanza cuns cornos», dicía Casteleiro.

Carlos Sardiña

Pensamento

Mortos pola Inquisición. Para os autores, mentres nos países protestantes eran milleiros os axustizados pola Inquisición «os condenados en España non chegaron a cen», aseguran.

Seres máxicos

Do apalpador aos trasnos. «Empezamos polo apalpador, aínda que hoxe en día é un personaxe un pouco así...», dicía Casteleiro. Están desde ananos a biosbardos, pasando polas mouras, os xacios ou a orca vella.

Carlos Sardiña

Festas

Queimada urbana. Os autores rexeitan que a queimada, «tal e como se fai hoxe», teña a súa orixe nunha milenaria tradición, xa que «podemos diferenciar entre dous tipos de queimada: a tradicional, realizada nas aldeas, e a urbana, de carácter máis recente». Explican que, «aínda que se pense que as súas orixes son remotas, o máis probábel é que se remonte á época medieval». Esta sería a rural, e a urbana sitúana «arredor dos anos corenta do século pasado».