Agustín Baamonde: «Este premio equivale a cincuenta anos do presuposto municipal»

Enrique Gómez Souto
Enrique G. Souto LUGO / LA VOZ

SOCIEDAD

PALACIOS

O alcalde de Vilalba di que o gordo supón unha inxección fundamental no tecido económico de Vilalba

23 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha choiva de millóns acaba de caer no seu municipio e, á súa maneira, serena e retranqueira, está feliz. Agustín Baamonde (Vilalba, 1950), alcalde de Vilalba, di que os cartos que deixou no seu municipio o gordo da lotería nacional equivale a cincuenta anos de presuposto municipal. Destaca que está moi repartido e que hai moitos rapaces que teñen parte do premio. Recorda que é a segunda vez que Vilalba é agraciada con este premio, o que, di, empeza a ser un signo distintivo, como o capón. En Vilalba, sinala Agustín xogando co título da coñecida película, a lotería, como o carteiro, sempre chama dúas veces. Baamonde estaba onte solicitadísimo polos medios de comunicación. Cando se lle fixo constar que espertaba máis interese que se fose o alcalde de Nova York, dixo: «Hoxe seguro que non lle importaba cambiarse polo alcalde de Vilalba». Porque, declarou, o gordo «indirectamente tamén me tocou a min». Baamonde foi alcalde entre 1990 e o 2005 e nesta segunda etapa preside o Concello desde o 2016.

-Hai agraciados entre os corporativos? Tocoulle algo ao alcalde?

-Que eu saiba, a estas horas [a entrevista telefónica é as 13.30 horas], non, pero si hai agraciados entre familiares de concelleiros. E ao alcalde tocoulle, por así dicilo, por elevación, porque hai moitos veciños que si teñen premio. Tamén lle tocou a un dos policías municipais.

-Que representa para Vilalba este baño de millóns?

-Pois, primeiro, a alegría de que o premio está moi repartido. Non como no caso de Santaballa [o de 1976], pero moito, porque son 1.300 décimos. Iso supón que probablemente unha gran parte se vai gastar neste municipio, polo que é fácil comprender que o comercio está batendo palmas; vai recibir un gran impulso. É unha grande inxección económica no tecido económico de Vilalba, que, é de supoñer, vai mellorar moito.

-Prevé promover algunha festa ou celebración similar?

-De momento, non, pero iremos falando, porque aínda se está asimilando este golpe de sorte. Polo que recordo, a explosión de xúbilo foi máis inmediata polo premio de 1976, pero tamén hai que dicir que aínda están empezando as reaccións. Tocoulle a moita xente, por exemplo aos profesores do Insua Bermúdez, porque o secretario comprou un montón de décimos e está moi repartido. Case todo o profesorado ten algún décimo. Por outra banda, o feito de que se vendese no Cascudo, bar e casa de comidas de referencia en San Xoán de Alba, seguramente fará que lles tocara tamén a moitos veciños da contorna.

-Isto da lotería vai facer famosa a Vilalba...

-Si, ata agora coñecíase polo capón e polo queixo de San Simón. A partir de agora tamén pola lotería. A verdade é que pon a Vilalba no mapa. Comentamos esta mañá que hai moitas cidades españolas onde nunca tocou o gordo. Vai ser cousa de mirar de incorporar a lotería ao escudo do municipio. O que si aprecio é que a reacción é diferente á de 1976. Aquela vez foi unha grande explosión de alegría; enchéronse os bares, ninguén sabía quen pagaba. Esta vez paréceme todo máis comedido. Hai quen non quere dicir que foi agraciado. Cambian os tempos. Entón había máis necesidade. Recordo a imaxe dos tráileres traendo coches aos concesionarios porque se venderan todos.

-Como coñeceu tan boa noticia coma esta?

-Estaba tomando un café nun bar cando a un dos nenos de San Ildefonso lle caeu unha bóla. Saín e falei cuns operarios do Concello. Aínda estaba subindo as escaleiras do Concello e veu un dos operarios dicíndome: «Escoita, escoita, alcalde, que din que tocou o gordo en Vilalba». Eu pensei que serían algúns décimos, pero non tanto, non unha cantidade enorme como é.

-Non saberá se entre os afortunados hai vilalbeses de sona, como monseñor Rouco...

-Non teño noticias. O que sei é que lles tocou a moitos rapaces novos e esa é unha boa noticia. O colectivo más grande, que eu saiba, dos afortunados é o do centro Insua Bermúdez.

-Co aumento do nivel de vida aumentarán, supoño, as esixencias dos veciños ao Concello que preside...

-Igual si, pero tamén podo dicir a quen reclame: «Amodo, amodo, que agora tamén tedes financiamento [risas]». Por certo, que vai ser cousa de pór ao secretario do Insua Bermúdez a dar a man na praza, para que traia sorte, porque di que sempre collía o número que lle daban e esta vez pediuno el: ten man de santo.

El 71198, un número que llegó de casualidad a la administración vilalbesa

 

x.m.p.

El número 71198 se ha ganado un hueco en la historia de Vilalba porque sus consecuencias económicas son sabidas y satisfactorias. Su llegada a la administración de lotería de la capital chairega no tuvo, en cambio, ninguna circunstancia reseñable. Por un lado, no se trata de un número que alguna peña o asociación juegue de manera habitual, como sí hace, por ejemplo, el equipo local de fútbol, el Racing Villalbés, abonado desde hace años al 08257. Por otro, tampoco se tenía constancia de que alguien lo hubiese pedido de manera concreta para este año, en el que sí se han notado algunas preferencias: los clientes se interesaron por números terminados en 17, los mismas dígitos que los del final de este año, y en 155, el mismo que el del conocido artículo de la Constitución aplicado en Cataluña.

Tampoco se recordaba, como explicaban ayer las empleadas de la administración de loterías de Vilalba, que el número ya se hubiese vendido otros años.

En el parador

Los siete miembros del servicio de cocina del Parador de Vilalba forman uno de los grupos de agraciados con un décimo del gordo. Desde hace años, mantienen la costumbre de jugar varios décimos: cada uno de los que trabajan en la cocina, cuyo número de integrantes puede variar de unos años a otros, se encarga de comprar un décimo, y los premios, si los hay, se reparten entre todos.

El último décimo comprado por el grupo fue el del 71198. Se escogió porque acababa en 8: era de los últimos que quedaban, y ha tenido un gordo como recompensa.