José Luis Chaves Álvarez: «Véndese moi ben, mellor que o ano pasado, pero menos que en Noiteboa»

Iván Díaz Rolle
Iván Díaz VIVEIRO / LA VOZ

SOCIEDAD

PEPA LOSADA

José Luis Chaves, propietario da Peixería Grallal en Covas (Viveiro), amósase satisfeito co traballo destes días

29 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

José Luis Chaves Álvarez, Choco, é o propietario da Peixería Grallal, da parroquia de Covas (Viveiro), un dos puntos de venda de peixe e marisco con mellor fama na comarca da Mariña. Amósase satisfeito co traballo destes días, pero afirma que nos días previos á Noiteboa sempre teñen máis traballo que cando se achega a Noitevella. 

-Xa se nota o tirón de Noitevella?

-Si, estamos traballando moito. Véndese moi ben, mellor que o ano pasado. Notamos unha mellora importante respecto aos anos anteriores.

-Son máis fortes estes días que os previos á Noiteboa?

-Non, non. Noiteboa é máis forte, supoño que, en parte, porque agora en Noitevella algúns comen fóra da casa.

-Que é o que máis lle piden?

-Principalmente ameixa e centola. Tamén sae moi ben a nécora. E os percebes.

-Escasea algún produto?

-O que máis, quizais, o camarón. De feito eu non o teño. Tampouco hai moita palometa vermella. Do resto, todo foi vindo en boas cantidades.

-Os prezos varían moito?

-Non, non demasiado. Respecto á semana pasada todo está máis ou menos igual, excepto a pescada, que subiu un pouco.

-Son agora máis comúns as compras para conxelar?

-Non. É algo moi raro, que fan moi poucos. A xente segue preferindo levar os peixes e mariscos frescos, e máis nestas datas.