Jorge Mira: «Confesoume que desexaba que fose a súa toalla»

O científico baiés recoñece que era de amores platónicos, aínda que moitas veces por timidez non se acercaba a falar coas rapazas


Jorge Mira (Baio, 1968) é físico, investigador e divulgador científico. De mozo sempre tivo una vida sen grandes estridencias. Non montaba festas apoteósicas nin tolerías co seus amigos, sempre centrado no seu futuro. Pese a iso, había cabida para algunha historia amorosa nos meses do verán.

-¿Recordas algún amor estival?

-Moi poucos. As veces que liguei nesta estación, ligáronme. Nunca fun un rapaz difícil. O que si tiña eran amores platónicos. Esas nenas que se poñían na toalla ao meu lado na praia e fascinábanme. Moitas veces por timidez non me acercaba a falar con elas. Quedaba ca dúbida de se a esa chica que me gustaba lle pasaba o mesmo. Sentía como se estivese deixando pasar o tren.

-¿Algunha vez foi a rapaza a que se acercou a ti?

-Agora mesmo non me lembro. O que si, 15 anos despois atopei a un amor platónico dos da praia. Sempre tivemos as mesmas inquietudes e horarios, polo que non deixamos de coincidir. Pero nunca chegara a falar con ela. Un día veu ao meu carón e díxome que ese día na praia estaba desexando que fora a xunto dela a darlle a vara. A miña resposta foi: «¡Joder, pois avisaras!». ¿Por que tiña que ser eu o que dese o primeiro paso?

-¿Entón o problema era que eras moi tímido?

-Non me considero especialmente tímido, sempre fun unha persoa locuaz. Quizás me gustaba estar acomodado no ritmo habitual, de forma kantiana, xa que nunca fun de toladas. Considérome lóxico e práctico. Sempre se me deu mellor nas multitudes, na praia resúltame moito más intimo. Con máis xente nas festas fáiseme máis doado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Tags
Comentarios

Jorge Mira: «Confesoume que desexaba que fose a súa toalla»