Vigo e A Coruña acollen o concurso galego de robótica, que organiza a Barrié

redacción / la voz

SOCIEDAD

M.MORALEJO

O obxectivo deste obradoiro é achegar aos rapaces as posibilidades deste mundo mediante a montaxe de sinxelos robots a partir dun kit de Lego

13 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Vigo esta semana e A Coruña a vindeira acollen o concurso galego A Maxia da Robótica, no que participan 2.235 alumnos de final de primaria e secundaria de 62 centros da comunidade e uns cen profesores, e que está organizado pola Fundación Barrié.

O obxectivo deste obradoiro é achegar aos rapaces as posibilidades deste mundo mediante a montaxe de sinxelos robots a partir dun kit de Lego. Aínda que pareza algo moi complicado de facer, o certo é que os rapaces participantes non teñen que ter coñecementos de programación, porque so teñen que seguir unhas indicacións sinxelas.

A Fundación Barrié quere destapar así novas vocacións nun mundo con moito futuro: o emprego dixital será no 2020 o maior nicho de traballo en Galicia, España e Europa.