Radon, a norma incumprida

A lei sobre os límites deste gas pasase por alto no ámbito laboral, tanto empresas como administracións

Presentación del mapa gallego del radon en el año 2010
Presentación del mapa gallego del radon en el año 2010

Santiago

O radon é un gas nobre, radioactivo que vén do radio. Dos tres isótopos máis comúns existentes na natureza, o máis importante é o orixinado na cadea de decaemento radioactivo do uranio 238, na que o radio 226 se converte en radon 222, que constitúe o verdadeiro problema para a saúde das persoas, un factor de risco de cancro de pulmón, que é responsable de máis do 80 % de todo o radon ambiental e preto de 50 % de toda a radiación que unha persoa pode recibir durante a súa vida.

É incoloro, inodoro, insípido e máis pesado que o aire, soluble en auga e outros líquidos, especialmente orgánicos. A súa vida media é de 3,8 días e os seus descendentes máis destacados son metais pesados, entre eles os polonios 218 e 214, que emiten tamén, como o radon, partículas radiactivas alfa que sendo menos penetrantes que as beta e as gamma, son emitidas dentro do tracto respiratorio ao inhalar o gas, danando a mucosa e provocando cancro broncopulmonar. Un problema de saúde pública, debido a un canceríxeno declarado pola OMS en 1988, que desde 2009 recomenda aos gobernos políticas de prevención e redución da exposición crónica en domicilios e postos de traballo. É a segunda causa dese cancro na poboación xeral e a primeira en nunca fumadores.

Terreos ricos en granito

Nos territorios ricos en granito, como Galicia, existe un alto contido de uranio, radio e, polo tanto, radon que esta rocha ten. Grande parte do país ten máis do 10 % de casas contaminadas (máis de 200 Bq/m3): 188 municipios. E, con máis dos 300, que ultimamente ven de cambiar irresponsablemente a normativa europea: 126 municipios: Entre o 40 % e o 60 % dos municipios son zonas de alto risco (xullo de 2015), como indica o noso Mapa de Radon de Galicia, a presentar próximamente.

O ámbito laboral, único no que existe lexislación en España, se incumpre sistematicamente, tanto por empresas como por autoridades responsables (Consellerías de Industria das Comunidades Autónomas), co silencio descoñecedor do tema dos sindicatos. Medidas de prevención, todas elas construtivas, son posible no momento de facer as casas, e nas xa construídas. Son moi económicas (arquetas de succión nos alicerces, membranas anti-radon por baixo da solera ou extracción ou impulsión forzadas a través de aberturas ad hoc nos sotos ou baixos. En 2018 deberá estar trasposta a directiva europea. O Código Técnico de Edificación ou norma que o supla deberá incluír todas estas solucións e máis, máis de 10 anos despois das proposta que desde o CSN e o Instituto Eduardo Torroja, asesor do Ministerio de Fomento, se fixeran en 2005, sen que ningunha referencia sobre o radon se incluíra na última versión daquela norma.

Juan Manuel Barros é director do Laboratorio de Radón de Galicia e profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags
Comentarios

Radon, a norma incumprida