«O cambio era para isto, xa non se avalía só cos exames»

a. a. redacción / la voz< / span>

SOCIEDAD

26 oct 2014 . Actualizado a las 04:00 h.

Abalde destaca a mellora en porcentaxe de aprobados co Plan Bolonia.

-¿Cal é a clave dese aumento na taxa de rendemento?

-Bolonia supón un cambio de metodoloxía que está en consonancia co esforzo da UDC por ter grupos pequenos de estudantes, cunha atención máis personalizada. Nós temos un límite de 70 alumnos por clase maxistral.

-¿E en que cambia esa metodoloxía?

-Xa non se avalía ao alumno só cos exames. Agora entra en xogo o traballo en grupo, as prácticas de empresa, as titorías, os seminarios... Isto permite unha avaliación continuada na que se observa a progresión dos estudantes.

-¿Esa é a clave da mellora dos resultados?

-O cambio era para isto, se fixo para ter estes resultados, empregando unhas ferramentas que van máis aló do proceso memorístico.

-Hai graos que progresan moito, como Dereito ou Economía, pero non pasa o mesmo coas enxeñarías. ¿Por que motivo?

-As enxeñarías levan un ano de desfase. É a primeira promoción de Bolonia para eles e habería que esperar un ano máis para ter unha serie histórica máis importante e obter conclusións.