As fotografías máis antigas de Galicia convértense en postais

Alvarellos Editora recuperou unhas imaxes de Santiago tomadas en 1858

la voz

As fotografías máis antigas das que hai constancia en Galicia son, dende xa, unhas postais. A iniciativa de Alvarellos Editora permitiu recuperar unhas imaxes que forman parte da historia da comunidade. Feitas en Santiago de Compostela no 1858, son obra dun artista local residente no barrio do Sar, Andrés M. Cisneros.

As imaxes recollen os monumentos máis destacados de Santiago, e teñen un compoñente costumista, como a que recolle a exposición rexional galega montada en San Martiño Pinario; outra mostra a praza do Obradoiro co chan de terra, nunha imaxe do Hostal dos Reis Católicos. A edición destas postais -que se poden adquirir por Internet (alvarellos.info) e nas librarías e quioscos- é o primeiro paso a outras actividades, como a exposición itinerante de moitas máis fotografías que porá en marcha a partir de setembro, fotos encontradas en arquivos públicos e coleccións privadas.

Este traballo non é o primeiro que fai Alvarellos Editora por recuperar o patrimonio fotográfico galego. Xa no 2009 rescatou unhas imaxes de Manuel Chicharro e outros autores pertencentes á exposición rexional galega de 1909.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
28 votos

As fotografías máis antigas de Galicia convértense en postais