«Co novo acelerador crearemos bastantes partículas de Higgs»

Raúl Romar García
r. romar REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Armesto foi elixido polo CERN para diseñar un acelerador de electróns

31 dic 2013 . Actualizado a las 12:05 h.

O profesor de Física de Partículas da Universidade de Santiago e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Nestor Armesto vén de ser elixido polo Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) como un dos membros do selecto grupo de expertos internacionais que estudará o potencial científico dos colisionadores de electróns, o que culminará na posta en marcha dunha nova instalación, primeiro de forma experimental, con unha nova tecnoloxía. Desta forma, a física de partículas europea, con notable presenza galega, manterá o seu liderado mundial. Armesto coordinará, agora xa de forma oficial, un grupo de más de 200 científicos de máis de 70 institucións.

-¿Esperaba o nombramento?

-Non, foi algo inesperado. Nós xa levábamos tempo traballando nisto, pero agora xa o faremos de forma oficial.

-¿Podería explicar de forma clara a necesidade de ter un acelerador de electróns?

-O acelerador actual do LHC dedícase a crear cousas novas, pero o choque de electróns contra os feixes de protóns o que nos permite é estudar estas cousas novas a unha escala moito máis pequena. O novo acelerador tamén pode producir bosóns de Higgs, co que poderemos estudar moito mellor as propiedades desta partícula, que agora son moi difíciles de ver.

-¿Está dicindo que se vai poder crear moitos bosóns de Higgs?

-Si, por un lado poderemos analizar protóns con unha resolución nunca vista e, por outro, producir bastantes partículas de Higgs.

-Creo que tamén se vai probar unha nova tecnoloxía.

-Si. Agora, os feixes de protóns que non chocan pérdense, pero ca nova tecnoloxía, que se chama energy recovery, poderemos recuperalos. Isto supón que gastando a mesma potencia aceleraremos moitas máis partículas. Calculamos que aforraremos un 95 % da enerxía da máquina.

-O que fan require moita inversión e servirá para avanzar no coñecemento, pero ¿o cidadán tamén acabará beneficiándose desa tecnoloxía experimental?

-Sen dúbida. Nós somos como un Fórmula 1, que é un prototipo, a partir do cal constrúense logo outros coches de serie cas ventaxas que incorpora.

-¿Cómo cales?

-Estanse empregando xa aceleradores de electróns nos hospitais para que as radiacións sexan máis precisan, que queimen os tumores e non as células sans. Todos estes detectores que logo se utilizan en medicina foron deseñados orixinalmente no CERN. Creamos nova tecnoloxía que máis tarde ou máis cedo vai beneficiar á xente.

-¿E teñen outros plans?

-Aínda non son proxectos, senón ideas, pero unha delas é facer un acelerador nun túnel de 80 quilómetros. Carlos Salgado, da USC, está traballando nilo.