Xosé Lois Quintas: «Aquí veñen en furgonetas e collen cogomelos dun xeito devastador»


Redacción / La Voz

Concelleiro do BNG en Xunqueira de Ambía, Xosé Lois Quintas quere levar a pleno esta semana o control da recolección de cogomelos neste municipio, a semellanza do que xa ten feito A Veiga. O obxectivo, idéntico: protexer este recurso dos que veñen a esgotalo, e tamén o monte.

-¿Por que quere sacar adiante esta ordenanza e controlar a recollida de cogomelos?

-Porque o deste ano xa é alarmante, unha barbaridade. Chegan auténticas cuadrillas que non saben nin as técnicas para recoller cogomelos, e cunha mala recolleita se poden perder especies. E eles arrasan con todo. Este ano hai máis produto polas condicións do tempo, así que collen o que pillan sen mirar moito a maneira.

-¿Como traballan?

-Veñen auténticas cuadrillas en furgonetas. Moitos son parados ou xubilados doutras comunidades e collen cogomelos dun xeito devastador.

-¿Canto tempo se quedan?

-Hai xente que pasa toda a semana. Recollen 30 o 40 quilos ao día. E non só en Xunqueira, tamén en Allariz, Paderne..., zonas riquísimas micoloxicamente.

-¿Como controlarían vostedes a recolleita?

-O que queremos é ser previsores. Non buscamos unha supertaxa, non é iso, só algo simbólico. Teríamos unha taxa mínima de 5 euros por un carné anual, que custaría 10 para os visitantes que teñan algunha relación co municipio, e de 30 para os que non a teñan.

-¿E o tope de quilos?

-Dez quilos ó día, e seguramente 20 para a industria, cunha taxa de 60 a 100 euros e só para a xente do propio concello.

-¿E a formación?

-É fundamental, con charlas e xornadas para ensinar a recoller, a deixar os cogomelos que non se comen e máis os pequenos. O que buscamos realmente é iso, o respecto polo monte.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Xosé Lois Quintas: «Aquí veñen en furgonetas e collen cogomelos dun xeito devastador»