«Se o exemplar que comanda o grupo vai ao abismo, van todos detrás»

la voz

Os dous únicos varamentos masivos de calderón tropical rexistrados en Galicia nos últimos anos tiveron lugar no mesmo escenario, as praias dun lado e doutro da ría do Barqueiro. Segundo Alfredo López, biólogo e responsable da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), as razóns de por qué 22 exemplares desta especie voltaron esta semana a varar e morrer nas augas que limitan as provincias da Coruña e Lugo son incertas. O que sí está constatado é que, navegando en territorio descoñecido, «se o exemplar que comanda o grupo sofre un percance e vai ao abismo, o resto van todos detrás».

-¿Nos últimos días fixéronse outros avistamentos de calderóns nas costas de Galicia?

-Si, chegaron noticias, pero non quere dicir que foran estes. As dos calderóns son especies que se observan habitualmente na costa, e máis na de Lugo, pero sería o calderón común, non esta especie de calderón tropical.

-Son de augas quentes, ¿por que veñen a augas frías?

-A súa distribución está constatada no Golfo de Vizcaia, que ten augas máis quentes que as de Galicia, cunha temperatura que é igual que a que hai nas augas de Canarias ou ao sur de Portugal. Por así dicilo, teñen que dar un salto por encima das nosas augas para volver a atoparse no seu medio natural.

-E polo camiño...

-Non se sabe. O que sabemos é que a súa cohexión social é moi forte e eso provoca que unha vez que lles falta o liderazgo non saiban cara onde dirixirse ou algo así. Porque non se sabe nada sobre o desprazamento deles pola zona e menos nestas augas. Porque aquí nunca os tivemos. Ninguén pode dicir cal é a súa ruta nin moito menos.

-¿Detéctanse situacións raras na nosa costa?

-Raras non son. Sempre se dan con exemplares que non viven aquí, que de repente se atopan nun sitio estrano para eles e calquera problema pequeno que poidan sofrir pode convertirse nun moi grande. Ata o de agora non se deu esta situación cos arroaces ou os golfiños comúns, especies que viven aqui, pero si coas que non teñen aquí o seu hábitat, polo que algo terá que ver con atoparse nun lugar descoñecido.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Se o exemplar que comanda o grupo vai ao abismo, van todos detrás»