A Igrexa galega reivindica o espírito de San Rosendo no seu XI centenario

O ano xubilar incluirá actividades en lugares como Mondoñedo, Santiago, Celanova e Braga O programa prevé desde un congreso científico ata mostras de arte medieval e peregrinacións


ferrol

A Igrexa volve a mirada a unha das grandes figuras da Galicia medieval, San Rosendo. E faino con motivo do XI Centenario do santo, nado no ano 907 no seo dunha aristocrática familia directamente emparentada co máis alta nobreza do seu tempo. Pero tamén para reivindicar o legado de quen foi ante todo, e máis alá do seu labor evanxelizador, o pacificador dunha sociedade atormentada e un bispo entregado aos pobres: un home que deu canto tiña para intentar aliviar o sufrimento dos máis desfavorecidos. O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, presidirá o día 19 de novembro, na antiga catedral de San Martiño de Foz, para a que agora se demanda o título de basílica, o comezo dunhas celebracións que rematarán 12 meses despois, en Mondoñedo, cunha celebración litúrxica presidida por Ricardo Blázquez.Durante todo un ano (os actos, en realidade, empezarán a principios de novembro) haberá desde peregrinacións a lugares como Dumio e Celanova ata un congreso en Compostela, previsto para a próxima primavera, e unha mostra itinerante sobre San Rosendo e o seu tempo. O 3 de decembro, o nuncio do Papa, monseñor Monteiro, visitará, en lembranza do santo, a concatedral ferrolá de San Xiao.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A Igrexa galega reivindica o espírito de San Rosendo no seu XI centenario