O cuartel de Viladesantos prepara un plan para atrapar o inimigo de Santos en «A lei de Santos»

H. R. REDACCIÓN

PLATA O PLOMO

.

Esta noite a partir das 23.00 horas Televisión de Galicia emite un novo capítulo da serie protagonizada polos actores Monti Castiñeiras, Andrés Giráldez, Federico Pérez e Lidia Veiga, entre outros

27 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Agora que Belén xa está fóra de xogo, Uxía e Lourenzo teñen como obxectivo descubrir a identidade da persoa que lle encargou a morte de Santos. Sen saber moi ben por onde comezar, Uxía convence a Lourenzo para poñer en marcha unha manobra de distracción: finxir que Belén cumpriu o encargo e acabou con Santos. Desta forma, cando o xefe lle Belén lle faga a transferencia dos cartos pagando os seus servizos, poderán rastrexar o envío e dar coa identidade do inimigo de Santos.

Despois, Uxía ten que dar un novo paso e convencer a Laura e a Constante para que participen no engano e manteñan a debida discreción para non levantar sospeitas. Pensa que o inimigo de Santos vai estar observando para confirmar que Santos estea realmente morto. Por esta razón todo ten que ser o máis real posible para non levantar sospeitas.

Laura non dubida en participar no plan da súa filla, pero Constante non o ten tan claro. El é consciente do perigo que corre o seu sobriño, e por iso acaba aceptando. A partir desde momento, Uxía da o seguinte paso: publicar a necrolóxica de Santos. Sen embargo, pensa que é mellor non alertar a Peixe e Abel do seu plan, e cando len a noticia na prensa quedan totalmente abatidos.

Ao mesmo tempo Áurea era moi consciente de que Peixe e Abel non teñen nada que facer contra Antonia se non son quen de cumprir as súas expectativas. Por este motivo non dubida en tenderlle unha trampa á súa inimiga. Sen embargo, Antonia foi capaz de anticiparse ás intencións de Áurea e agora é a súa refén. Como Abel e Peixe non tiñan coñecemento das intencións de Áurea, cando son conscientes da súa ausencia Antonia utiliza a situación para obter un beneficio moito maior. Abel e Peixe conseguirán que Áurea saia con vida das garras de Antonia?

Alleo a todo o que ocorre na vila, Santos segue no hospital inmerso nos seus pesadelos. Sen embargo, pronto pode haber novidades. Os médicos están retirándolle a medicación, polo que pode espertar dun momento a outro.