A desaparición de Ánxela por en alerta ao cuartel de Viladesantos

La Voz

PLATA O PLOMO

Esta noite Televisión de Galicia emite un novo capítulo da serie protagonizada polo actor Monti Castiñerias, Andrés Giráldez, Federico Pérez e Iria Veiga, entre outros

13 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

No cuartel de Viladesantos seguen moi ocupados intentando descubrir a identidade da asasina que atacou a Santos, así como o motivo polo que o fixo. Ata este momento son conscientes de que o ataque produciuse no sitio perfecto para unha emboscada, o que indica que o asasino era un profesional.

Despois apareceu a arma do crime. Nese momento, a investigación deu un xiro de cento oitenta graos, xa que as pegadas do coitelo eran de Constante. No cuartel sospeitaban que era una pista falsa e así quedou acreditado cando a coartada do párroco de Viladesantos foi contrastada.

A pesar de que hai certo medo de que a investigación chegue a un punto morto, todos confían en que Viladesantos volva ser o lugar tranquilo que sempre foi, onde non sexa preciso pechar as portas porque todos se coñecen e confían os uns nos outros. Un lugar no que os forasteiros son acollidos cos brazos abertos. E con ese obxectivo é co que actúan os efectivos da Garda Civil da vila. Sen embargo, a denuncia de Olaia sobre a desaparición de Ánxela provoca certa inquedanza no cuartel, sobre todo cando a alcaldesa os informa de que estaba investigando pola súa conta un novo fío do caso do atacante de Santos. Sen tempo que perder, Lourenzo, coa axuda de Uxía, lidera o operativo de busca para atopar sa e salva á súa superior.

Sen embargo os problemas en Viladesantos nunca veñen dun en un.

Abel e Peixe perderon a pista de Mateo e xa non confían en atopar o seu rastro despois de estafalos en varias ocasións. E cando Antonia fai aparición no bar ofrécelles un trato: ela encárgase de atopar a Mateo se eles a axudan a conseguir a cooperativa gandeira. Se aceptan terán que facer un adianto de cartos polos gastos que terá que facer Antonia, pero se rexeitan o ofrecemento, Antonia irá na súa contra.

Ao mesmo tempo, Antón ten problemas tanto no aspecto económico como no persoal. No primeiro caso está loitando todo o posible por manter a flote o seu soño na cooperativa gandeira, e no segundo caso, o rexeitamento de Uxía a comezar unha relación acabou por afundilo. Co que Antón non contaba é con que Uxía se desculpe con el e o convide a unha cea. Será o comezo dunha bonita relación?