—Que ten Damián de Miguel Canalejo?
—É certo que son unha persoa á que lle custa impoñerse e, en xeral, penso antes nos demais que en min mesmo. Tamén creo que a xente pensa que somos riquiños pero un pouco paspáns (ri). Todo isto cando non se nos coñece, porque logo vese que non é así.
—Quen máis forma parte de Método Criminal?
—En Método Criminal temos un reparto fantástico. Todos fixemos moi bo grupo. No lado criminal podemos atopar a María Roja, a Sabela Arán, a David Seijo ou a Alberto Rolán. No lado da produtora temos a Luis Iglesia, Susana Sampedro, Adrián Castiñeiras e Carlos Villarino, e tamén a Mara Sánchez e Lidia Veiga, que interpretan á familia de Luis. Pero isto non é todo, porque ao longo dos episodios incorporaranse actores e actrices como Neves Rodríguez, Paloma Otero ou Omar Ferrín.