La emotiva razón por la que casi el 100 % de los niños de este colegio de Ames visten hoy en pijama

O.S. SANTIAGO / LA VOZ

VIVIR SANTIAGO

Cedida

Muchos escolares gallegos dan visibilidad así a uno de los grandes derechos de la infancia. En el CEIP Agro do Muíño la iniciativa se puso en marcha hace ya tres años

21 nov 2023 . Actualizado a las 21:57 h.

 «Por terceiro ano consecutivo, case o 100 % dos nenos do CEIP Agro do Muíño acudiron hoxe en pixama», apunta María do Carmen Liñares, directora de este centro de Ortoño, en Ames, uno de los 80 colegios gallegos en donde hoy, Día Internacional de los Derechos de la Infancia, se busca dar visibilidad al derecho de toda la infancia a vivir en familia.

«A iniciativa partiu dunha nai, que pertence a Acougo, a Asociación galega da familias de acollida. Ela foi quen hai tres anos, no 2021, e ao coñecer o chamamento que a nivel mundial se fai neste día ao respecto, propuxo que todos os nenos do centro acudisen hoxe en pixama á clase. A idea é representar ese momento da intimidade familiar, da hora de ir a durmir, no que os pais lle len un conto aos seus fillos, os arroupan ou lles dan un bico. Un momento agarimoso. Trátase de que os rapaces se dean conta da diferente situación que afrontan os nenos que viven en centros de acollida, sen unha familia ao uso. Ao vir en pixama búscase dar visibilidade a iso», razona María do Carmen.

«Desde que esa nai o propuxo no 2021 e o puxemos en marcha, a resposta foi moi boa. Nos últimos tres anos case o 100 % dos nenos, de forma voluntaria, acoden ao colexio neste día en pixama. Esta iniciativa non se queda, ademais, nalgo lúdico, senon que, sendo para os rapaces algo divertido e bonito, serve ao profesorado para traballar con eles valores e para que reflexionen sobre a sorte que teñen de vivir cunha familia, nunha casa, e de ter cubertas necesidades básicas, tamén de roupa. Cos tempos convulsos actuais, tamén aproveitamos esta xornada para falar da situacións dos nenos que viven en países en guerra», valora María do Carmen Liñares, aclarando que en su centro la iniciativa se extiende a todos los cursos de infantil y primaria. «A verdade é que entre os nenos e os pais ten moito éxito», refrenda, apuntando además la curiosidad de que los escolares empiecen la semana en pijama y muchos la terminen vestidos de negro, al celebrarse el 25 de noviembre el Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer. «Coincide así, pero é algo sempre bonito», sostiene.

«Coa iniciativa do pixama tamén se incide nun dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, o benestar, emocional, para todos en todas as idades», añade la directora del CEIP Agro do Muíño, uno de los primeros de Galicia donde esta idea se puso en marcha y, donde, en en los últimos años, también se aprovechó la jornada para que miembros de Acougo diesen una charla sobre su actividad y la importancia del acogimiento familiar.

«Este ano botóusenos o tempo enriba e non puidemos, aínda que entre o profesorado sempre tratamos de incidir en máis aspectos. Eu, que imparto clase de lingua en quinto de primaria, curso no que temos un proxecto sobra plantas, tamén aproveito esta xornada para falar da importancia, non só culinaria, se non tamén medicinal, do romeu. Dise que se se pon un pouco debaixo da cama evítasen pesadelos. Ao centrarse esta xornada no pixama, tratamos de relacionar contidos», afirma siemrpe con empuje. «A nosa intención é continuar os próximos anos con esta iniciativa. Estamos moi contentos», reafirma sobre un llamamiento que rápidamente se extiende por más centros de la zona. En el mismo concello de Ames, el colegio de Ventín también se sumó al mismo. En Padrón, al CEIP Flavia, muchos niños también acuden hoy en pijama.