Xornadas de baile tradicional en Vedra

La Voz

VEDRA

12 dic 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

A Asociación de Galiteir@s Galeg@s (AGG) organiza hoxe unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional Galego, que se celebrará na nave da estación de tren de Ribadulla, en Vedra. Acollerá tres obradoiros desde as 10.15 horas. Centrarase nesta ocasión nos bailes da Limia e a Baixa Lima, de Ameixenda de Cee e do val dos Ancares e arredores, este último xa pola tarde.