Xornada de clausura do Memorial Ricardo Portela

VEDRA

Pablo Fariña

11 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Praza da Ferrería, en Pontevedra, acolle hoxe a clausura da 22 edición do Memorial Ricardo Portela, que organizan a Concellaría de Festas en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos. Nesta ocasión, a cita homenaxea ao gaiteiro, palleteiro e artesán Xaquín Míguez Rodríguez, O Xocas. No marco deste evento, a Mostra de Artesanía de Instrumentos Tradicionais permanecerá no paseo Antonio Odriozola.

No programa de hoxe están previstos os pasarrúas (11.30 e 18 horas) de Gaiteiros do Ulla (Vedra), Gargallada (A Coruña), Lubicáns (Ourense) e Os Mecos de Ogrobe (O Grove), mentres que o Memorial se pechará co concerto de Ghaveta, grupo de música tradicional que presentan o seu traballo A raíz do pensamento.