Arranca en Vedra o programa do Día das Letras cun xogo familiar na biblioteca

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

VEDRA

07 may 2019 . Actualizado a las 05:10 h.

A biblioteca municipal de Vedra acollerá o vindeiro sábado, a partir das 11.00 horas, a primeira das propostas do programa deseñado pola Área de Extensión Sociocultural para conmemorar o Día das Letras Galegas. Trátase de A Ruleta das Palabras, un xogo dirixido para as familias co que se achega información tanto do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, como dos costumes e tradicións da comunidade.

O propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio, a nave da estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla acollerá un festival no que tres corais polifónicas de Vedra ofrecerán un repertorio de cancións en lingua galega. O idioma propio tamén centra unha campaña nos centros educativos.