Santiago: «O disco 'Instinto' está gravado en analóxico e é unha volta ás orixes»
Tonhito de Poi e Rasa Loba actuará esta noite en Vedra dentro do programa Vai no Camiño xunto cos grupos Zënzar e Ataque Escampe. Presentarán o seu disco Instinto , gravado en analóxico e cuxo primeiro single se chama Leite . Os asistentes a este concerto gozarán dunha noite de boa música.
-¿Como xorde este proxecto de Tonhito de Poi e Rasa Loba?
-Esta banda é resultado da música que se fixo antes. Trae un pouco a bagaxe musical dos grupos anteriores de Herdeiros e da Banda de Poi que era máis electrónica. É unha banda con dúas guitarras, unha batería e un baixo ben postos. Podemos dicir que os estilos e as músicas dos grupos de Herdeiros da Crus e de A Banda de Poi son os pais e con estes pais, tiña que saír a Rasa Loba.
-¿Como definiría este disco de «Instinto»?
-Resulta unha volta ás orixes. É música de raza. Un disco gravado en analóxico, que se chama Instinto e cun primeiro tema que leva o título de Leite. Como podedes imaxinar, o leite é o primeiro de todo, é o comezo e por iso é o nome do primeiro single deste álbum. En definitivas contas, é unha regreso ao comezo.
-¿Que atoparán os asistentes ao concerto de esta noite en Vedra?
-Terán diante unha banda potentísima, de rocanroll de éxtase. Un concerto no que se divertirán todos e que gozarán os que lles gusta a música potente.