«Urxe modificar a Lei de Inclusión para que a risga reforce a loita contra a pobreza infantil»
El descenso en el número de beneficiarios de la risga durante el 2020 no sorprende a Xosé Cuns, director de la Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia, por sus siglas en inglés). «Ata certo punto é normal, porque o ingreso mínimo vital, aínda que foi moi improvisado e sen apenas coordinación con gobernos autonómicos, concellos e organizacións, significou un avance e vai tendo impacto pouco a pouco. Polo tanto, algunhas das persoas que antes percibían a risga pasaron a percibir este ingreso, e aínda serán bastante máis segundo vaia collendo máis peso», explica Cuns, quien también considera que la risga debe ser reformulada. «Cremos que agora a risga debe servir para reforzar tanto o ingreso mínimo vital como a aqueles colectivos que este non cobre, sobre todo para a loita contra a pobreza infantil e para axudar, por exemplo, a aquelas familias con nenos ou persoas dependentes. Por iso, está pendente e comeza a ser urxente a modificación da Lei de Inclusión e do decreto da risga para poder adaptala ao ingreso mínimo vital, porque a situación cambiou. Isto é urxente e non debería pasar deste ano ou de comezos do que vén», comenta.
Señala Cuns, asimismo, que aún queda mucho por hacer para cubrir a toda la población afectada por la crisis derivada de la pandemia. «Fixéronse avances, pero queda moito se non se adoptan medidas para afrontar a crise da vivenda, que afecta a grande parte da poboación en pobreza severa e haina que solucionar si ou si para que poidan ter a esperanza de saír dela. Sen isto, de pouco van servir as medidas e o impacto da covid vai ser moi superior. Queda aínda bastante por avanzar na risga, no ingreso mínimo vital e na tarxeta básica da xunta para situacións extremas de necesidade. Falta, por exemplo, aumentar os seus importes para que cheguen a niveis de pobreza relativa e non, como agora, só á pobreza severa», explica Xosé Cuns. Considera, además, que se «debe tratar de reducir a burocracia, alixeirar os prazos e lograr unha mellor coordinación entre administracións, sobre todo Xunta e concellos, porque é un reto aínda pendente e é imprescindible».