Ultreia, Carapaus, Ardentía e Tiruleque, no Folk in Río

La Voz

TOURO

cedida

La cita será en Touro el domingo

15 jun 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

Domingo • Todo o día • Na área recreativa da Santalla • Acceso gratuíto • Ultreia, Carapaus, Ardentía e Tiruleque comparten o cartel da décimo primeira edición de Folk in Río, o festival de música tradicional que organiza en Touro a Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla. Ademais dos concertos, o encontro en torno á musica popular galega volverá contar, como atractivos engadidos, cunha mostra de artesanía, cun xantar campestre e cos cantos de taberna que conforman o repertorio das agrupacións tradicionais que se darán cita no encontro. Esta edición terá como novidade un espazo que de xeito específico se habilitará para o público infantil.