Un gran día para Guillermo González

Xosé Ameixeiras
A. Lavandeira CARBALLO / LA VOZ

TORDOIA

.

Acaba de publicar o libro titulado A casa reitoral de Baamonde e a Batalla de Cacheiras

02 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Guillermo González Raviña, que fora mestre na escola de Castromil (Salto-Vimianzo), o colexio Mar de Fóra de Fisterra e en Castenda (Tordoia) a finais dos 60 e principios dos 70, acaba de publicar o libro titulado A casa reitoral de Baamonde e a Batalla de Cacheiras. Un profundo estudo sobre o levantamento militar de 1846 e mesmo o desenvolvemento detallado das operacións bélicas.

O volume foi presentado o pasado domingo no auditorio Constante Liste de Teo, que estaba ateigado de público. O soneirán Xosé María Lema Suárez tamén interveu no acto e disertou sobre o devir político e as liortas entre absolutistas, liberais, progresistas, conservadores e provincialistas na primeira metade do século XIX. Logo, Guillermo González fixo un resumo do contido do seu traballo. E non só iso. A xornada incluía a inauguración dunha exposición de cadros, dos que moitos deles tamén el é autor. Estas obras fan referencia a diversos espazos e escenarios relacionados coa Batalla de Cacheiras. Unha gran tarde para o veterano mestre.