O festival Titiriberia ofrece 12 funcións nos días 15 a 19

La Voz

TEO

11 nov 2019 . Actualizado a las 01:45 h.

Organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo, co apoio do Concello de Teo e da Deputación, o festival Titiriberia celebrará entre os días 15 e 19 deste mes a que será a súa cuarta edición cunha ampla programación. Inclúe 12 funcións, unha mesa redonda, dúas exposicións, cursos de formación e una serie de actuacións para os centros de ensino do municipio de Teo. Titiriberia estenderá así a súa programación ao longo de sete xornadas nas que volverá a centrar parte da súa atención na Feira do San Martiño, co que recupera a Carballeria de Francos como espazo de difusión dos monicreques tradicionais. Os tres eixos nos que se desenvolverá son a descentralización das actuacións en Teo, a implicación do sector profesional e a aposta pola creación de novos públicos.