Titiribeira aumenta representacións e datas, e fai unha revisión de xénero

La Voz

TEO

cedida

Será do 11 ao 14 de noviembre, en Teo, con acceso libre

31 oct 2018 . Actualizado a las 22:47 h.

Do 11 ao 14 de novembro • Teo • Acceso libre • O festival Titiriberia, organizado pola asociación cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo, co apoio da Deputación da Coruña, ten pechada a programación dunha edición, a terceira, que amplía programación, tanto en datas como en obras, xa que vai levantar o telón o domingo 4 de novembro e rematará o día 11 con múltiples propostas na Carballeira de Francos, co gallo da histórica celebración da Feira Cabalar do San Martiño.

Outra das novidades, de especial significación, e que o festival servirá para facer unha ampla revisión do rol feminino do mundo dos monicreques. A primeira proba será unha mesa redonda o día 9 ás 20 horas na Mediateca do Grilo (Cacheiras) sobre os estereotipos de xénero nas pezas tradicionais.

A mellor proba desta aposta é a estrea de Dona Barriga Verde, de Larraitz Producións Artísticas, o día 11 ao mediodía na Carballeira de Francos. Trátase dunha montaxe na que o personaxe tradicional do títere galego é unha muller cunha estética na que está moi presente o entroido.

Outro espectáculo que vai mostrar esta revisión do feminino será Angelita, programada para o día 8 no auditorio Constante Liste, dentro da selección de obras para un público escolar.

Outra das novidades é o reparto das obras por espazos das asociacións entre os días 6 a 9, concentrando a programación da fin de semana na Carballeira de Francos, que acollerá cinco representación, incluída a animación da rúa e tamén un obradoiro para aprender a elaborar marionetas de luva con materiais de refugallo, pensado para rapaces a partir de cinco anos de idade.