Manuel Maneiro, o home que atopou a súa Troia

O profesor, recordado polos seus compañeiros do colexio da Ramallosa, en Teo


Ribeira / La Voz

Dicía hai case tres anos nestas mesmas páxinas que sempre soñara cos descubridores das cidades maias ou de Troia, e aínda que a vida se lle escapou subitamente o mércores cando se dirixía ao tribunal das oposicións a docente do que formaba parte, tivo tempo de atopar a súa propia Troia. Manuel Maneiro Castañeda, coñecido por todos como Casta, levaba unha década colaborando nas escavacións arqueolóxicas que se levan a cabo en Barbanza e que permitiron descubrir en Coto do Espiño unha muralla da mesma época que a cidade homérica.

Natural de Catoira, era unha persoa dinámica e comprometida. Foi un apaixonado da historia e a arqueoloxía, e un día chegou a Neixón empurrado por unha desgraza familiar. Serviulle de vía de escape e enganchouse, e os rapaces que cada ano acoden ao campo de traballo no xacemento boirense tamén se engancharon a el. Dicía que se sentía máis cómodo coa xente nova, e debía ser certo porque encaixou á perfección cos mozos que, coma el, participaban nas escavacións como voluntarios. Demostrábao tamén na súa faceta de docente no colexio de infantil e primaria da Ramallosa, no concello de Teo, no que levaba anos traballando, e onde era moi prezado, polo que os seus compañeiros lle brindaron un fermoso adeus citando a Manuel Antonio: «A alba nova sorprendeu-me cacheando ante os loceiros unha despedida que se me perdeu».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Manuel Maneiro, o home que atopou a súa Troia