Unha aproximación a vida e obra de Otero Pedrayo

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

Ata o 14 de xuño, o acceso á Casa Galega da Cultura acolle unha exposición centrada na figura e a obra do escritor

27 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 14 de xuño, o acceso á Casa Galega da Cultura acolle unha exposición centrada na figura e a obra de Ramón Otero Pedrayo. É unha iniciativa da Fundación Penzol en colaboración coa Cátedra Institucional Otero Pedrayo da Universidade de Santiago de Compostela.

A exposición forma parte das actividades que ambas entidades desenvolven co gallo da declaración do 2025 como Ano Otero Pedrayo, conmemorativo do 50 cabodano do seu falecemento.

A mostra, de carácter divulgativo, presenta en catro grandes paneis un percorrido sobre a súa traxectoria vital, intelectual e académica. Ademais, en varias mesas-vitrina amósase unha selección de primeiras edicións das súas obras, acompañadas dos manuscritos de dúas das súas novelas máis recoñecidas: Os camiños da vida e Arredor de si. Así mesmo, tamén se presentarán documentos varios e correspondencia con figuras importantes do galeguismo político e cultural, como Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Castelao, Ramón Piñeiro, Vicente Risco e Fermín Penzol.