Fallado el concurso de redacción y dibujo «Coñece o teu concello» que organiza La Voz

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Con tan solo cuatro años de edad, Vera González Colino ha dibujado la fachada principal de la Catedral de Santiago con una gran calidad técnica y artística.
Con tan solo cuatro años de edad, Vera González Colino ha dibujado la fachada principal de la Catedral de Santiago con una gran calidad técnica y artística. LA VOZ

El certamen premia un año más seis creaciones de alumnos de los 25 ayuntamientos que componen la edición compostelana

15 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

El concurso Coñece o teu concello que organiza la edición de La Voz de Galicia en Santiago, en colaboración con el Concello de Santiago y la Diputación de A Coruña, ha cumplido una nueva edición con la misma calidad de siempre en las redacciones y dibujos presentados por los alumnos de los 25 ayuntamientos del área de influencia compostelana. La mirada que aportan los niños se posa en los elementos más característicos y emblemáticos de la realidad que cada día observan y aportan un punto de vista muy interesante. Fue muy complicado elegir, pero solo podía haber seis ganadores, aunque la calidad y originalidad de todos los presentados los hace también merecedores de distinción.

El trabajo de Ángela Álvarez Barrero es de gran originalidad y combina un elemento tan popular como el pimiento de Padrón con un paisaje monumental de la localidad perfectamente reconocible. Tanto la pintura como el dibujo son de gran calidad.
El trabajo de Ángela Álvarez Barrero es de gran originalidad y combina un elemento tan popular como el pimiento de Padrón con un paisaje monumental de la localidad perfectamente reconocible. Tanto la pintura como el dibujo son de gran calidad.

Concurso de dibujo

En la modalidad de dibujo el primer premio ha sido para Vera González Colino, una alumna de tan solo cuatro años de edad del colegio Vilas Alborada que realizó una magnífica acuarela de la Catedral compostelana, que protagoniza buena parte de los trabajos presentados en ambas modalidades. El primero de los dos accésit que entrega el certamen en cada categoría ha sido para Ángela Álvarez Barrero, que cursa sus estudios en el Chester College de Santiago. Ella también escogió la acuarela, pero de un pimiento de Padrón en cuya piel se deja ver un paisaje de esta misma localidad. El segundo accésit ha sido para Carla Regueiro Rivera, que tiene ocho años de edad y estudia en el CEIP Arquitecto Casas Novoa. Su propuesta ha tenido también como centro la basílica compostelana, el emblema de la ciudad y podría decirse que incluso de toda Galicia. En este caso, se ha hecho eco de la leyenda popular que gira entorno a una peculiar sombra que se forma durante la noche en la plaza de A Quintana, donde una farola parece dibujar sobre los muros un peregrino con su bastón.

Carla Regueiro Rivera se hace eco en su dibujo de la famosa leyenda de la sombra de la plaza de A Quintana.
Carla Regueiro Rivera se hace eco en su dibujo de la famosa leyenda de la sombra de la plaza de A Quintana.

Concurso de redacción

Pimero premio

Coñecín a unha persoa, alguén moi especial, e esta é a súa historia.

Era un día de inverno, a choiva golpeaba a ventá con forza. Eu estaba na miña casa vendo a televisión ca miña nai cando chamaron á porta. Non esperaba visita, así que fun ver quen era. Abrín a porta e sorprendinme ao ver a un peregrino. Estaba a suar e mollado. Era un home duns 40 anos. Avisei a miña nai. O peregrino, chamado Samuel, e miña nai falaron un pouco. Quedei sorprendida cando vin entrar a Samuel cun neno da miña idade. Estaba atemorizado. Saudeino, pero non contestou. Despois de que miña nai déralles de comer e beber e falara un pouco con eles, díxome que fora xogar co neno, chamado Pablo. Empecei coñecelo e caeume ben. Despois dun tempo divertíndonos, contoume a súa historia. Dixo que en realidade era un peregrino con pouco diñeiro e que andaba en busca dunha axuda polas rúas de Santiago. Eu tamén conteille a miña historia, que meu pai morrera cando eu tiña cinco anos e que estaba soa coa miña nai.

Pasaron días, meses e anos. Agora os nosos pais están casados e nós somos irmáns. Nunca imaxinei que o Camiño de Santiago ía darme algo tan bonito coma un irmán. Carla Collazo Ramos. 12 años. Colegio Manuel Peleteiro.

Accésit

Como vería Santiago de Compostela unha pomba? Ninguén o sabe, ata agora. Unha pomba chamada Miguiñas cóntanos a súa historia.

Ola, eu son Miguiñas, unha pomba que goza moito de Santiago. Eu coñezo a Alba, a que me dixo que contara a miña historia porque encántanlle as pombas coma min. Para min, Santiago é único e por iso é o meu fogar. Polas mañás, cando sae o sol, póusome sobre os tellados da Catedral de Santiago. Estase moi quentiño!

Máis tarde paseo polas cafetarías buscando migas de pan, de aí o meu nome! Pero atopo máis cousas chulas. O outro día atopei anacos de patacas fritidas, goma de mascar pegada no chan, osos de olivas... o único que podo comer son os anacos de patacas.

Despois do meu paseo quedo con Carme na Alameda todos os días á mesma hora. Carme é unha señora maior que me dá anaquiños de pan sempre, nunca se esquece.

A Alameda é un sitio xenial. Ten turistas, bo ambiente, un estanque con parrulos e unha muller ponse nun posto a vender xeados. Algunhas veces cáeselle un pouco de xeado aos nenos e aproveito para probalo, está boísimo! Para finalizar, vou voando polo ceo vendo todo Santiago de Compostela. A Catedral, a Alameda, as cafetarías, a praza das Praterías, a praza do Obradoiro...

Cando xa estou cansa, diríxome aos tellados da Catedral. E aí quédome durmida soñando en como verá Santiago unha persoa. Alba Dacosta García. 11 años. CEIP Raíña Fabiola.

Accésit

Ola, chámome Enzo e esta é a historia que me contaron un día sobre a Catedral de Santiago... igual nunca pasou, pero a min gústame.

Resulta que no monte Pedroso vivía un dragón xigante. Non era calquera dragón, non. Este era verde e tiña uns ollos vermellos coma dous tomates. O dragón tiña un poder, que non era botar lume pola boca: era que se alguén o miraba aos ollos, dáballe salouco para sempre.

A xente estaba asustada, así que o alcalde puxo un cartel que dicía: «Búscase heroe para espantar ao dragón! Darase recompensa».

Un neno como da miña idade, que se chamaba Nico, non lle tiña medo porque dicía que os dragóns só necesitaban amigos, así que decidiu subir ao monte cunha mochila chea de empanadas —porque parece ser que aos dragóns encantábanlles as empanadas—. Cando chegou, o dragón ruxiu tan forte que ata os paxaros se esconderon, pero a Nico non lle deu nin medo nin salouco porque non o mirou aos ollos, simplemente ofreceulle unha empanada e díxolle: «Toma, amigo, non hai que pelexar». O dragón cheirouna... e comeuna sen máis.

Ao regresar, contou no seu pobo que non era malo, pero ninguén o creu, e decidiron entre todos acabar co dragón. Nico, nada máis decatarse, foi avisar ao dragón para que fuxise. Este, pronto se botou voar e posouse na que agora é a praza do Obradoiro, converténdose nunha pedra, que logo inspirou a forma da famosa Catedral. E agora o dragón xa non da salouco, senón que llo quita ao que mira. Enzo Rodríguez Vidal. 11 años. Colegio La Salle.