Unha mostra en Santiago percorre 30 anos de cinema de Zarauza

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

PACO RODRÍGUEZ

A exposición poderá verse na Zona C ata o 7 de maio

01 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

«Nunca deixará de chover no meu cinema. 30 anos de filmes de Alfonso Zarauza». Ese é o título da mostra inaugurada onte na Zona C (Praza de Cervantes) para ofrecer un percorrido polo traballo do cineasta compostelán. No acto, ademais do director, participaron a alcaldesa, a concelleira de Capital Cultural e compañeiros do eido audiovisual, entre outros.

Comisiariada polo propio Zarauza, a exposición recolle materiais diversos como carteis, guións, documentos de traballo, fotografías de rodaxe e retratos de intérpretes que hoxe contan cunha sólida traxectoria profesional.

A cidade de Santiago, escenario vital e creativo do cineasta, ocupa un lugar central na cinematografía de Zarauza e tamén na mostra, que poderá visitarse ata o vindeiro 7 de maio.