
Falará hoxe na Casa Galega da Cultura
22 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O salón de actos da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 3) acolle hoxe, ás 19.30 horas, unha conferencia do catedrático emérito de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela Ramón Villares. O título da conferencia é O Consello de Galiza, Goberno galego no exilio.
A comparecencia do historiador chairego enmárcase nas actividades do Ano Castelao, que conmemora o 75 aniversario da súa morte, ocorrida en Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1950. O acto está organizado pola Fundación Penzol.
Ramón Villares explicará o proceso liderado por Castelao en Montevideo para preservar no exilio o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado polos galegos en xuño de 1936. Aquel feito simbólico serviu para que Galicia estivera entre a terna de comunidades que aspiraron a finais dos anos setenta a creación de un autogoberno.
O Consello de Galiza equiparouse aos gobernos no exilio que fixeran anteriormente Cataluña e o País Vasco. Villares destacará no seu relato o papel indispensable asumido por Castelao para a formación do Consello, sendo el unha persoa que non tiña unha formación política profesional.