A Universidade e o Museo do Pobo inauguran este mércores mostras

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

PEPA LOSADA

En Fonseca poderá verse unha exposición sobre arte efémera de mulleres na India e en Bonaval, unha centrada na epigrafía funeraria

06 nov 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A oferta expositiva de Santiago amplíase hoxe coa apertura de mostras no Colexio de Fonseca e en Bonaval. A Universidade inaugurará ás 12 horas no claustro alto de Fonseca «Kolam. Unha arte efémera de mulleres no sur da India», da realizadora audiovisual e antropóloga Claudia Silva. Nela recolle os deseños feitos con fariña de arroz que forman parte das tradicións en Tamil Nadu.

Pola súa parte, o Museo do Pobo inaugura ás 18horas no claustro alto «Palabra e memoria», que aborda a normalización lingüística na epigrafía funeraria a partir de traballos de documentación de alumnado do IES Perdouro.