Guía para non perderse no Trad Fest 2024. Os horarios e lugares de todos os concertos

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

O público baila durante un dos concertos do Trad Fest 2023 nun dos dous espazos de concertos no parque de Bonaval
O público baila durante un dos concertos do Trad Fest 2023 nun dos dous espazos de concertos no parque de Bonaval PACO RODRÍGUEZ

Son máis de trece horas de músicas, de bailes, de cantos, nos que o público ten un protagonismo especial coa súa participación activa. Todo, a partir das 12.00 horas deste domingo, 28 de xullo, dentro das Festas do Apóstolo

25 jul 2024 . Actualizado a las 12:37 h.

Este domingo 28 de xullo celebrarase máis un ano o Trad Fest Compostela, unha celebración da música popular actual con concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e na Praza da Quintana, un evento producido por aCentral Folque e Nordesía, promovido polo Concello de Santiago de Compostela e La Voz de Galicia.

Esta é unha festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no parque e na igrexa de Bonaval, finalizando a xornada na Praza da Quintana. Para este ano o elenco contempla artistas internacionais coma Crua e Luís Peixoto desde Portugal; Rholben desde Inglaterra, Le Mange Bal desde Bretaña e o concerto especial de 40º aniversario da mítica banda escocesa Capercaillie. Desde Galiza teremos a Caamaño&Ameixeiras na praza da Quintana, Bailai Malditos (nas ruadas), Cantometrics, Lina e Lola, Os Carecos, Arroutes e Alana no parque de Bonaval e os máis intimos recitais solistas de Marcos Teira e Ariel Ninas na igrexa de San Domingos. Este é o programa do Trad Fest Compostela 2024, cos seus horarios e emprazamentos.

ORGANIZADO POR HORARIOS

Parque de Bonaval

12.00 Feira de Artesanía e Música. Todo o día até as 22 horas

12.00 Costeira (na igrexa de San Domingos)

12.30 Bailai Malditos (ruada pola cidade)

12.30 Cantometrics

13.30 Lina e Lola

14.30 Crua

15.30 Luís Peixoto

16.30 Os Carecos

17.00 Bailai Malditos (ruada pola cidade)

17.30 Arroutes

18.00 Ariel Ninas (na igrexa de San Domingos)

18.30 Alana

19.30 Rholben

20.30 Le Mange Bal

Praza da Quintana

21.30 Caamaño & Ameixeiras

23.00 Capercaille. «40º aniversario»

O público aplaude no concerto de Xoán Curiel na igrexa de Bonaval no Trad Fest do 2023
O público aplaude no concerto de Xoán Curiel na igrexa de Bonaval no Trad Fest do 2023 PACO RODRÍGUEZ

ORGANIZADO POR LUGARES

Igrexa de San Domingos de Bonaval

12.00 Costeira

18.00 Ariel Ninas

Palco da Porta da Música no parque de Bonaval

12.30 Cantometrics

14.30 Crua

16.30 Os Carecos

18.30 Alana

20.30 Le Mange Bal

Ruínas dos Arcos no parque de Bonaval

13.30 Lina e Lola

15.30 Luís Peixoto

17.30 Arroutes

19.30 Rholben

Esplanada entre os Museos na entrada do parque de Bonaval

Feira de Artesanía e Música. Desde as 12.00 até as 22.00 horas

Praza da Quintana

21.30 Caamaño & Ameixeiras

23.00 Capercaillie. «40º aniversario»

Ruadas pola cidade (Os itinerarios poden sufrir algunha variación e percorrido)

12.00 Bailai Malditos. Parque de Bonaval - Praza 8 Marzo - San Pedro - Cruceiro - Virxe da Cerca - Ensinanza - Praza Galicia - A Senra - Alameda - O Toural - Mazarelos - Mercado - Porta do Camiño - Bonaval.

17.00 Bailai Malditos. Bonaval - San Roque - Hospitaliño - Porta da Pena - San Martiño Pinario - Moeda Vella - Praza da Inmaculada - San Francisco - Praza do Obradoiro - Fonseca - Rodrigo Padrón - Entrecercas - Bautizados - Praza do Toural - Rúa Nova - Rúa Xelmírez - Fonte Sequelo - Preguntoiro - Praza de Cervantes - Casas Reais - Bonaval.