«No bico do vento» de Charo Golmar, finalista nos premios Follas Novas do Libro Galego

La Voz LALÍN / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

31 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Os premios Follas Novas do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, rematou a primeira fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados durante 2022 na que figura o libro No bico do vento de Charo Golmar. A publicación da escritora lalinense, con ilustracións de Olaya Naveira e publicado por Ediciones Bolanda, compite polo galardón na sección de obra xuvenil xunto a outras sete obras.

Aos premios, que se resolverán na gala de entrega que terá lugar no próximo abril No Teatro Principal de Santiago de Compostela, foron seleccionados 80 títulos e serán persoas de recoñecido prestixio procedentes do sector do libro as que escollerán as obras gañadoras en cada unha das trece candidaturas que repasan a actividade literaria e editorial do pasado ano.