«Mulleres na química» inclúe a Tarsy Carballas e Eugenia Pereira

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

A obra de Sergio Menargues  foi traducida ao galego por Juan José Sanmartín

29 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

 Santiago acolleu a presentación de «Mulleres na química», editado polo Colexio de Químicos de Galicia que rexe Manuel Rodríguez Méndez e con tradución ao galego de Juan José Sanmartín, a partir da obra do profesor da universidade alicantina Sergio Menargues. Entre as 69 mulleres que figuran dúas galegas: Tarsy Carballas, quen a piques de cumprir 89 anos acudiu onte ao acto, e a ourensana Eugenia Pereira.