Recoñecen cos Premios Manuel Beiras o emprego do galego en Orixe, Kómic Librería e Abeluria

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Paco Rodríguez

Son empresas que utilizan habitualmente o galego na súa comunicación

19 dic 2022 . Actualizado a las 22:58 h.

O Teatro Principal acolleu onte a gala de entrega dos Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación. Na categoría de empresas cun uso continuado do galego, obtivo o premio Kómic Librería, un establecemento do Ensanche do que o xurado destacou que leva 35 anos guiando a súa clientela polo mundo das historias ilustradas e procurando que, cada día máis, o galego sexa parte dese universo creativo. Na categoría de nova incorporación ao galego, o galardón recaeu na empresa Abeluria Sociedade Cooperativa Galega, consultora situada no rural de Compostela que desde o 2018 fornece traballos de economía social. E na categoría de empresa cunha comunicación innovadora, o premio distingue ao restaurante e tenda de ultramarinos Orixe, dúas caras para un negocio picheleiro e con sobranceira calidade. A gala foi conducida por Os da Ría.