Daniel Suárez: «Miña nai quixo atender a tenda de moda ata os 90 anos e eu vou camiño diso»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

El santiagués sigue al frente de Confecciones Sánchez, el comercio que resiste en la Algalia desde 1962: «Custa crelo ao ver hoxe a zona vella, pero nunha mañá dos 80 vendín máis dun millón de pesetas»

28 oct 2022 . Actualizado a las 10:06 h.

Tiene 78 años y casi 60 cotizados, pero el compostelano Daniel Suárez Sánchez aclara, sin perder nunca el ánimo, que quiere continuar «ao pé do canón». «Moitísima xente pregúntame que por que non descanso, pero esta tenda é a miña vida. Estou a gusto nela, e, ademais, atópome ben de saúde. Case todos os días veño andando dende Vista Alegre, barrio no que sempre vivín, ata aquí, a Algalia de Arriba», explica desde la calle donde su madre fundó, hace 60 años, Confecciones Sánchez y en la que vecinos y clientes aún le saludan con ese apellido. «O de Suárez quedou esquecido», bromea. «Cando era neno meu avó tiña na actual praza de Vigo un taller de carruaxes, ao que se coñecía como "o de Sánchez", e no que facía moitos dos carros de xeados de Santiago. Á miña nai, Manola, chamábanlle "a filla de Sánchez". Cando abriu a tenda tivo claro o nome», añade al repasar una vida ligada al negocio familiar.

«Ela viña de ter un posto na Praza de Abastos, no que vendía desde calcetíns a uns cintos de goma anchos que se levaban. Foron uns anos difíciles, pero arrancou e, en 1962, montou unha tenda no número 30 da Algalia», recuerda sobre un traslado al que él se sumó. «Eu non era moi estudoso. Tras facer a mili, fun onde ela e gustoume. Comezamos con roupa para nenos, pero pronto nos centramos no punto, con chaquetas e xerseis. Logo tivemos gabardinas, ata 22 modelos, e todos se vendían. Logramos unha clientela fiel», encadena agradecido, ante un auge al que, admite, también contribuyó la actividad de la zona. «Só nesta rúa había seis tendas de confección. A xente comezaba percorrido nos comercios da parte baixa do casco histórico e chegaba ata aquí. Nesa época había movida. Agora está todo tristón», acentúa con nostalgia, evocando los nombres de negocios emblemáticos del textil que dijeron adiós, como Garabal o El Americano.

«Aquí había días de moitas colas, como nos xoves da Ascensión ou de Semana Santa, nos que se abría. Custa crelo ao ver hoxe a zona vella, pero nos 80, época na que se levaba a pel, chegamos a vender nunha mañá de véspera de Fin de Ano máis dun millón de pesetas», señala sobre un tirón que les animó en 1992 a abrir una segunda tienda en el número 9 de la misma calle. «Compramos un local cómodo coa idea de desaloxar o primeiro, pero ao final como ía ben mantivemos os dous ata o 2014. Aí pechámolo. Convencín a miña nai, que quixo atendelo ata os 90 anos, a que o deixara; e agora, por idade, eu vou camiño», reflexiona riendo y admitiendo que su idea es continuar unos años más: «Ata que poida».

«Agora estou só, pero ata hai pouco tempo eramos tres empregados e facía falla», resalta mostrando un local que se caracterizó por tener ropa de marcas como Lacoste o Genfins, que atraían a gente no solo de Santiago. «Vendemos moito punto. Tamén pantalóns, parkas ou gabardinas. Unha vez entrou Carmen Martínez-Bordiu por unha. Lémbroo porque a atendín eu», desliza divertido. «Aínda así, o que ten agora máis saída é o sport. O traxe, do que chegamos a expor dez modelos, está en decadencia. Manteño só un», constata, contraponiendo la tendencia actual a las rebajas de los 90 cuando se agotaban «abrigos de pel volta de mutón de 100.000 pesetas. Neses días tiñamos ata que pechar as portas», subraya.

«Levamos toda a vida, por iso os veciños pasan a saudar a diario», aclara Daniel Suárez. «Moitos veñen por xerseis Lacoste. Xa que os teño, tamén me visto con eles», añade divertido
«Levamos toda a vida, por iso os veciños pasan a saudar a diario», aclara Daniel Suárez. «Moitos veñen por xerseis Lacoste. Xa que os teño, tamén me visto con eles», añade divertido Sandra Alonso

«Dende o 2006, pola crise, todo baixou e hoxe non ten nada que ver. Aínda así, este verán, co turismo, vendín. Volveron peregrinos de EE.UU. que estiveran aquí hai anos», comparte. «Compénsame vir, lévoo dentro», enfatiza siempre optimista y con un aliento que se desvanece al salir al portal. «Dáme mágoa ver a rúa, na que coñecía a todos, sen veciños. Neste edificio, de tres plantas, só viven tres persoas. No da primeira tenda, que manteño pechada, non vive ningún nas tres», indica.

También con emoción rememora cuando en el 2019 le galardonaron como Autónomo del Año en Galicia. «Foi moi bonito, pero duro. Ese ano morrera miña nai. No acto dixen que era ela quen o merecía. Aínda hoxe clientes fálanme de Manola, do ben que se entendían, do seu carácter alegre», enlaza con cariño poniendo el foco en que el premio fue a un comercio de toda la vida. «Gustaríame que o meu perdurase, pero non teño fillos. Despedirase», avanza.