Andrés Carballo: «Nesta cafetería universitaria non paramos, comezamos 4 camareiros e xa somos 15»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Andrés Carballo (en el centro, en primera línea) asumió hace 25 años la gestión de la cafetería O Lar do Estudante, situada en el campus sur, y que sirve a las facultades de Matemáticas y BIoloxía. Junto a él está parte de la plantilla. Carlos (a la derecha, en segunda línea) es el camarero más longevo
Andrés Carballo (en el centro, en primera línea) asumió hace 25 años la gestión de la cafetería O Lar do Estudante, situada en el campus sur, y que sirve a las facultades de Matemáticas y BIoloxía. Junto a él está parte de la plantilla. Carlos (a la derecha, en segunda línea) es el camarero más longevo XOAN A. SOLER

En unos años de descenso de alumnado, la cafetería de Matemáticas y Bioloxía de la Universidade de Santiago no deja de crecer, también en popularidad. La nueva etapa se inauguró hace ahora 25 años

02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Siempre alude a su cafetería como la de Matemáticas y Bioloxía. «Está no edificio da primeira, pero serve ás dúas facultades. Lembro un ano no que na lotería de Nadal puxemos só Matemáticas e, de broma, viñeron protestar», evoca sonriendo el vimiancés Andrés Carballo, el hostelero que hace 25 años asumió la gestión del establecimiento cuyo tirón no cesa de crecer entre los universitarios. «Eu era camareiro en Veterinaria, en Lugo. Traballaba na firma do meu irmán Toñito, pero en 1997 xurdiu esta oportunidade e ofreceume asociarme con el», afirma agradecido. «Vin xunto á miña muller, Oliva Gayoso, e apostamos por incluír o comedor. Esa foi a clave, ademais do equipo», apunta con orgullo mientras cita a los camareros y cede la palabra a Juan Carlos Vigo, conocido por todos como Carlos, el más veterano.

«Eu entrei en 1984, coa firma anterior. Tiña 18 anos; incluso fun á mili estando aquí. Nestas case catro décadas todo mudou moito», reflexiona el santiagués, nacido en la rúa de San Pedro. «Nos comezos o campus sur practicamente remataba neste edificio. Estabamos rodeados de fincas. Había que vir a propósito. Agora está de paso», encadena Carlos mientras mira hacia el exterior. «A cafetería sempre estivo acristalada. Viamos aos estudantes chegar e xa lles serviamos na súa mesa o café. Encaixamos ben; sabiamos os nomes e cando aínda non era tan común comezaron a pedirnos saír nas orlas. A primeira vez, en 1989, foi unha sorpresa. Lembro que lle dixen a unha compañeira: "Saio se apareces ti". Dábanos aínda reparo», rememora divertido.

«Eran anos de moito ambiente universitario, incluso con magostos nas facultades, algo agora impensable. Na cafetería tiñamos futbolín e billar. Había timbas de tute, xadrez ou damas», comparte sobre unos hábitos que también cogió Andrés. «Pouco a pouco iso perdeuse, e trala pandemia xa non nos reclamaron os xogos. Co noso ritmo de traballo sería, ademais, difícil ter hoxe ocupada unha mesa toda a tarde», destaca risueño el hostelero sobre una clientela fiel.

«Creo que dende o comezo os estudantes valoraron, ademais do trato, a variedade da comida, que fose caseira, como as albóndegas. Teñen bo paladar. Entre o que máis lles gusta están os callos, as xoubas ou o caldo», enfatiza Andrés. «Outra cuestión invariable é a tortilla. Non pode faltar. Ás 08.30 horas xa hai quen quere unha pulga. É ademais un dos pratos que reservamos para o menú dos venres. Diariamente facemos máis de 15», acentúa, explicando algo que sí cambió. «Antes pedíannos dez veces máis bolería, cruasáns. Hoxe nos almorzos saen tostadas. Cafés podemos facer nunha xornada ata 600», precisa, aportando más cifras.

«Anima ver que dos 20 menús cos que arrincamos crecemos ata servir na actualidade 300 de media. Ao principio éramos catro traballadores. Diso pasamos, de forma paulatina, a ser 15. Hai días -este ano os mércores e os xoves ao haber máis clases- nos que non paramos, non damos feito. Sobre 80 alumnos piden na aplicación menús para levar e así non teñen que facer cola. Ata aquí vén, ademais, xente doutras facultades, e do campus norte», enlaza ilusionado.

«Ese maior volume permítenos afrontar a diminución dos beneficios debido á inflación», subraya, sin rehuir hablar del coste del menú. «A universidade levaba tres anos cos prezos estancados. Este ano subiunos 40 céntimos, pero non houbo queixas. Os estudantes en xeral enténdeno. Un completo custa 6,40 euros, mais o 40 % dos mozos só piden un prato», detalla. «Un número elevado dos nosos clientes perciben os bonos da USC con axudas para o comedor», aclara, dando importancia a la medida.

«Ata agora na cafetería non tivemos baixón; este ano comeza ben para nós», continúa con humildad, mientras toma el relevo Carlos. «Hai pouco veu de visita unha chica que estudara hai 20 anos. Son moitos os exalumnos que se achegan. Lembran que antes había fóra unha estrada que facía curva. Sorpréndense do cambiado que está o interior, con máis espazo. Dinme que o único que sigo igual son eu, aínda que non sexa certo. Teño 55 anos», recalca el santiagués.

«Foron moitas horas de traballo, máis de 12 diarias, pero mantemos a ilusión do arranque», resalta Andrés. «Iso si, a festa polo aniversario farémola aos 50 anos», avanza riendo.