A carga

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

SANTIAGO CIUDAD

Carmela QueijeiroBarbanza

22 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Aconversa pública fai que, moitas veces, as palabras técnicas acaben a formar parte da fala cotiá e cheguemos a coñecer conceptos que, en condicións normais, nin saberiamos que existían. En Santiago de Compostela, por exemplo, falouse moito este verán da «capacidade de carga», e non se referían precisamente a cantos atúns poden entrar nun camión que veña descargar un Albacora. A saturación de turismo na cidade foi tan grande que ese termo, empregado polos profesionais da planificación turística, converteuse tan habitual nos bares como pedir un quinto.

A definición máis básica de capacidade de carga é a de que mide o número de visitantes que pode conter un destino turístico ao mesmo tempo. É un número en disputa. Os hostaleiros composteláns cren que na cidade pode entrar aínda moita máis xente. Para os veciños da cidade o número máximo pasouse hai moito tempo, e iso fai que toda a cidade se vexa afectada por esa afluencia.

Cal é a capacidade de carga do Barbanza? Se a miramos polo número de praias, moi ampla. Pero se prestamos atención ás nosas vilas e servizos, pois é moito máis limitada. En primeiro lugar, por un número baixo de prazas hoteleiras. Pero tamén polos comercios, bares ou servizos médicos. E iso é o determinante.