Nova edición de Youtubeiras para fomentar creación en galego na rede
SANTIAGO / LA VOZ
SANTIAGO CIUDAD
O proxecto inclúe 7.500 euros en premios en oito categorías
02 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Youtubeiras chega á súa sexta edición co obxectivo de ensanchar a comunidade creadora en galego na rede. Organizado polas tres universidades galegas, Deputación da Coruña e once concellos (entre eles Santiago, Ames, Teo, Negreira, Rois e A Baña), repartirá 7.500 euros en premios en oito categorías. O prazo de inscrición será do 27 de setembro ao 15 de novembro, para uns vídeos que han de estar publicados a partir do 22 de outubro pasado. As bases están en www.youtubeiras.gal.